Ratio: 5 / 5

Inicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activado
 

tramabus carmen santos quirugaEn política, a representación é o acto mediante o cal un cidadán, elixido democraticamente e que se presentou voluntariamente para tal encomenda, actúa en nome dun representado ou elector facendo presentes as voces, opinións e perspectivas dos cidadáns para a satisfacción dos seus intereses no proceso de elaboración de políticas públicas nos órganos de discusión e decisión do goberno.

 

A orixe histórica do concepto da representación política parte das culturas grega e romana onde nace e adquire forza a idea da supremacía do interese colectivo sobre o interese particular. Tanto a polis como a civitas eran formas de vida envorcadas á comunidade e representaban o valor supremo da civilización. Aínda que é certo que existiu unha democracia directa, e certos principios representativos na sociedade grega e principalmente na ateniense, debemos entendela máis ben como unha inmediatez entre o goberno e os cidadáns, e non como unha verdadeira posibilidade de que estes últimos puidesen alcanzar a plenitude dos dereitos, que na práctica apenas alcanzaban os cidadáns privilexiados economicamente, e ademais nobres.

Pode afirmarse que os romanos coñeceron e utilizaron os principios da representación política na súa organización estatal, aínda que do mesmo xeito que os gregos non desenvolveron teoricamente o concepto. Para eles foi un fenómeno inherente a varias das súas institucións, produto da aplicación do sentido práctico á política.

Polo que cando queremos profundar na orixe histórica da representación política, tal e como a concibimos hoxe en día, resulta inevitable remontarse á Revolución Francesa onde a Constitución do 3 de setembro de 1791 proporcionou á teoría política e constitucional unha nova idea de representación que se achega ata as nosas datas.

Situados na postmodernidade da era da “Nova Política” do século XXI non é difícil de comprender que este acto sigue, ó longo do tempo, a comprender responsabilidade para con os cidadáns ou electores que se traduce en presencia, constancia e traballo, sobre todo traballo.
E neste punto chegamos á comisión primeira Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior do pasado venres 5 de Maio deste 2017 ás 10:36 horas do Parlamento de Galicia. Lembremos que nesta comisión, e por solicitude de ela mesma por En Marea, a voceira é Carmen Santos Queiruga e o vicevoceiro Luís Villares. Entre os importantísimos puntos que se ían a tratar era a presentación dunha Proposición non de Lei por parte de En Marea na que se demandaba a creación dunha fiscalía de anticorrupción galega. A véspera o vicevoceiro Luís Villares, viuse na obriga, e xa non é a primeira vez que estas cousas ocorren coa deputada Queiruga, de solicitar o seu aprazamento porque Carmen Santos non acudiría a dita comisión, pois quizais considerou que era mais importante aproveitar a soleada mañá pola cidade viguesa paseando o novo cargo diante dos seus antigos compañeiros do Instituto de Investigacións Mariñas, onde exercía de funcionaria administrativa, ata subirse no Tramabús vido de Madrid, que partía ese mesmo día, pero xa as 3 da tarde do vigués hospital Álvaro Cunqueiro, onde tamén apareceron outros deputados e deputadas da Marea que si cumpriron cas súas obrigas parlamentarias da semana. Sabemos de boas fontes que a Villares non lle sentou nada ben a enésima ausencia da deputada, que adoita a escusar con intrigantes xuntanzas secretas con colectivos que non desexan que se saiba quen son. Quizais considerou mais importante obviar as súas responsabilidades políticas e institucionais para regalar á prensa un trillado e diletante discurso dunha corrupción, ou como ela pronuncia “currución”, neste caso, sen fiscal galego específico da área en parte pola súa ausencia, porque a foto e o papel couché teñen, parafraseando en certa maneira a Íñigo Errejón, un poder irradiador moito mais atractivo para ela que loitar nas institucións para que o sistema sexa mais xusto e igualitario. E así llo espetou directamente ó xornalista da Televisión española cando ó remate da matraca do “hai que botar ó PP” preguntoulle: “Eso que nos dice ya nos lo ha contado muchas veces, pero ¿tiene algo nuevo que decir?”. O silencio e o vermello invadiron por un igual sincrónico e harmónico a atmosfera pre-pluvial do ambiente e o sistema vascular cutáneo da deputada que viña de latar das súas obrigas representativas. Se o dilema era farándula ou política a escolla foi, unha vez mais, certamente espantosa.

E é que, lamentablemente o noso sistema electoral non permite ó representado controlar nin esixir que o representante, neste caso a deputada galega, cumpra coas súas responsabilidades, máis alá que polos mecanismos electorais institucionalizados en cada período electoral cada catro anos.

Quizais estes continuos despropósitos dunha representante do electorado galego nos leven a reflexionar si é o momento de reclamar por parte da cidadanía mecanismos de control, fiscalización e revogación para evitar representantes vedettes, mais preocupados da foto ou do selfie para afianzar o seu stablishment na casta da clase política, que de realizar o seu traballo durante a lexislatura para a que voluntariamente decidiron ser candidatos.

Quizais é o momento de dotar a esta democracia representativa con ferramentas que garantan a  responsabilidade dos e das nosas representantes os que, repito, ninguén lles obrigou a estar alí e que teñen para cos representados unha obriga para cumprir…..

Quizais é o momento de repensar e repensarnos…

 

Xavier Garaloces

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..