Ratio: 5 / 5

Inicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activado
 

ParisVigoCSQRevisando as fotos dun, cada vez e por desgraza, menos significativo  e recente 1º de Maio, e, principalmente as da manifestación conxunta de Vigo que saía da Praza de Fernando o Católico, onde se reuniron os colectivos e sindicatos máis combativos da cidade, aqueles que escapan do “stablishment” socio-laboral que mantén o noso grande e corrupto capitalismo, non podo máis que deter a ollada nunha serie de fotos nas redes dalgúns dos que veñen en chamarse membros da “Nova Política” e vírseme á mente aqueles momentos retidos no infinito do tempo polos haluros de prata a finais do século XIX:

 

Foi en 1889, na exposición universal de París cando a principal atracción das máis de 96 hectáreas do evento era a mostra “etnolóxica” dun grupo de 400 indíxenas traído do continente africano, pechados tras un valado, “Un Pobo Negro” (village nègre), froito dunha desbordada moda colonialista, ou tamén  como denominaría en 2002 o título do libro, os “Zoos humains”. Os parisienses e o resto do mundo acudían entusiasmados a ver o que as rotativas cualificaban entón de "banda de animais exóticos, acompañados de individuos non menos singulares”.

E é que a aparición dos zoolóxicos humanos naquela época, do mesmo xeito que o seu auxe e o entusiasmo que espertaron, resultaba da articulación de tres fenómenos concomitantes: en primeiro lugar, a construción dun imaxinario social sobre o Outro (colonizado ou non); logo, a teorización científica da "xerarquía das razas" consecutiva aos avances da antropoloxía física; e, por último, a edificación dun imperio colonial por entón en pleno crecemento.

Así empezaron a traballar as conexións sinápticas, relacionando aquel esperpento, ca manifestación do 1º de Maio, con Carmen Santos e o seu séquito máis próximo e cada vez máis escaso, paseando ou máis ben parasitando, entre os activistas membros da PAH de Vigo, que os observaban con caras sorprendidas e con certo “e que fan estes aquí?”, sen dignarse nin sequera a saudalos, pois tampouco se coñece que teñan participado en ningunha actividade que o colectivo realice ao longo do ano na cidade Viguesa.

Mais a espoleta do recordo disparouse co fin de festa e a foto desexada: Eles de diante, detrás os “aboríxenes” da PAH rodeados por unha pancarta de dignidade e dereitos por defender, sacándose o gran retrato para inmortalizar o “eu estiven alí” que, certamente, demostra onde están algúns nesta sociedade líquida de Bauman, ou mais ben, para o que están algúns. “Quietos un momento!” E o lóstrego de po de magnesio escintilou para a eternidade…

Desculpas compañeiras, mil desculpas a todas aquelas e aqueles activistas que algunha vez na vida sentíchedes que o voso sacrificado traballo por defender á maioría social agredida vos facía quen de ser fotografados como "banda de animais exóticos, acompañados de individuos non menos singulares” nun “eu estiven alí” en troques dun “Bravas e Bravos Compañeiras”, desculpas, insisto, porque o importante é visualizarvos a vos e as vosas reivindicacións, a vosa loita e non á clase política, vella ou nova, que con tradicional costume se pon diante de vos para roubarvos admiración e respecto, capitalizando o que non lle corresponde, desculpas, insisto por terceira vez, porque aínda que non o creades, non todas as persoas que dalgún ou doutro xeito participamos da política, somos nin queremos ser así con vos, as valentes e os valentes desta inxusta sociedade dos de arriba batendo nos de abaixo.

Xabier Garaloces

Inscrito en Podemos Galicia

Membro de Podemos Vigo Oeste

Colaborador de Xuntos Podemos

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..