Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

EU COMPOSTELA APOIA A PROGRESIVIDADE FISCAL QUE PROXECTA COMPOSTELA ABERTA NECESARIA PARA PODER APLICAR POLÍTICAS SOCIAIS

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela manifesta a súa máis firme repulsa á alianza estratéxica e antisocial perpetrada polo PSOE e PP que, por desexar desgastar a un equipo de goberno, opta por hipotecar o futuro económico do Concello e imposibilitar o desenvolvemento de políticas sociais para que todos os veciños e veciñas teña a mesma igualdade de oportunidades.

Os intereses sectarios e estratéxicos dos partidos do réxime -abafados pola corrupción e reféns dos poderes económicos- deseñaron o obxectivo de atacar á veciñanza compostelá. A demagoxia, o populismo e o electoralismo explican o proceder das forzas do réxime. O acontecido hoxe no Pleno amosa claramente que nin o dedocrátrico exalcalde, Agustín Hernández, nin Paco Reyes, cadáver político que levou ao PSOE ao seu peor resultado democrático, velan polo benestar da maioría social, xa que o seu único fin é atacar e evitar o traballo das concelleiras e concelleiros de Compostela Aberta.

Para o Consello Comarcal de EU Compostela, as ordenanzas fiscais son a base coa que un goberno alicerza o proxecto de cidade que desexa. É evidente que para acometer o ambicioso programa electoral de CA, profundamente social, son necesarios recursos económicos, e como claramente ditaminaron as veciñas e veciños nas urnas, están lexitimados os concelleiros e concelleiras para procurar levalo a cabo. Dende o respecto democrático: por suposto, debe haber debate e necesaria procura de cosensos, pero non se pode consensuar con quen non quere e con quen ten unha estratexia de derrubo calculada e meramente partidista. A progresividade fiscal, a redistribución da riqueza baixo forma de proxectos sociais e afortalamento de servizos públicos non se pode construír coa demagoxia fórmula de baixar impostos aos que máis teñen. É imposible e representa unha brutal mentira política que só a cobertura mediática pode agochar. Con esta decisión, o PP e o PSOE hipotecan non só a xestión do lexítimo goberno local, senón, o que resulta máis cruel, o dereito da cidadanía a políticas sociais dignas, quen de alixeirar a pesada lousa da crise, dos recortes e do desemprego.

O Consello Comarcal manifesta o seu apoia á Unidade Popular coa que destruír o sistema de vasalaxe, demagoxia e mentira que destrúe o noso futuro. Hoxe, faise máis evidente que nunca as intencións reais do PP e do PSOE e cales son as súas políticas fiscais, económicas e sociais. Cómpre, polo tanto, o triunfo dun novo proxecto común xusto e igualitario.{jcomments on}

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..