Castelao

#signaCastelao é a etiqueta que se usará en Twitter na campaña que acaba de poñer en marcha a Deputación para difundir o signo co que se nomea Castelao e concienciar á poboación sobre a necesidade de promover actitudes inclusivas e integradoras para o conxunto da sociedade. A campaña foi iniciada esta mañá pola presidenta do ente provincial, Carmela Silva, e polo deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, que subiron a súa foto 'signando' Castelao á conta de Twitter da Deputación.

Entre hoxe é o vindeiro 1 de abril -Día das Artes Galegas que este ano se dedica a Castelao- todas as persoas que queiran contribuír a difundir este signo e participar na campaña poden subir a súa foto 'signando' Castelao coa etiqueta #signaCatelao e facendo mención á conta da Deputación @depo_es.   O signo consiste en colocar os dedos índice e polgar realizando un círculo sobre un dos ollos, en referencia ás gafas redondas que portaba o propio Castelao. Cada persoa debe realizar o signo cunha soa man, recomendándose que se realice coa man que se usa para escribir -as persoas destras coa dereita e as zurdas coa esquerda-. O signo para nomear Castelao foi aprobado polo Centro de Normalización Lingüística de la Lengua de Signos Española, tras unha proposta realizada pola Organización de Xordos de Galicia, XOGA, e polo departamento de Cultura e Lingua da Deputación.

Cabe lembrar que esta iniciativa xorde a partires da colaboración establecida entre XOGA e a Deputación para dotar de audioguías e signoguías a parte das actividades do Ano Castelao, e facilitar que as  persoas con dificultades auditivas poidan acceder a contidos culturais en igualdade de condicións que o resto da cidadanía. Espérase que o signo tamén axude a dar a coñecer a figura de Castelao a persoas de fóra do país.

Los préstamos crecen y sus condiciones bajan.

Los préstamos online en verano tienen un incremento en su...

Cómo la tecnología influencia el sector de la moda

La tecnología ha facilitado muchas cosas para hacer la vida...

Primera demanda judicial contra Twitter Spain SL por suspender cuentas sin justificación ni revisión

Al Juzgado de 1ª Instancia de Madrid (DEMANDA) SOLICITANDO MEDIDAS CAUTELARES   Dr...

La AECC denuncia ante el Consejo de Europa a la Administración de Justicia Española

Madrid, 23 de agosto de 2018   La AECC denuncia ante el Consejo de...

Business over Tapas August 23 2018 Nº 270

Editorial: Democracy is a strange animal. People, sometimes hopelessly ill-informed...

Las redes sociales: Una excelente manera de hacer publicidad

Para nadie es un secreto que las redes sociales se...

Vestle supera su primer mes con éxito

El Grupo iFOREX lanzó el pasado mes de julio su...

Cómo prepararse para una crisis empresarial

Cuando se comienza una actividad empresarial el éxito nunca está...

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi