Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
O equipo de arqueólogos contratado pola Deputación Provincial de Pontevedra para desenvolver unha nova campaña de escavacións no Castro de Alobre comeza o luns 1 de febreiro a traballar no xacemento do Montiño. A intervención arqueolóxica do Castro de Alobre enmárcase no protocolo asinado entre o organismo provincial e o Ministerio de Fomento para a posta en valor dos xacementos galaico-romanos na provincia de Pontevedra.
31.01.2016.- Esta escavación, que se estenderá durante catro meses, busca propiciar a transmisión do coñecemento do ben arqueolóxico á sociedade, a súa valorización e o impulso do aproveitamento turístico do mesmo. En concreto, as tarefas que se realizarán teñen por obxectivo o acondicionamento do sector visible e o seu contorno inmediato así como actuacións encamiñadas a evitar alteracións das estruturas; a consolidación e restauración dos restos exhumados; a recreación de elementos singulares; a instalación de elementos adecuados para facilitar a circulación do visitante polo xacemento, impulsando a accesibilidade; a instalación de elementos explicativos que contribúan a explicar o xacemento e a iluminación da área de intervención.
A través da escavación, se prevé a aparición de estruturas e materiais arqueolóxicos que permitirán afondar no coñecemento do xacemento do Castro de Alobre. Para elo aplicarase metodoloxía arqueolóxica innovadora e a realización de mostras que permitirán descubrir máis aspectos da cultura castrexa. Neste contexto, preténdese aportar datos para o mellor coñecemento das relacións comerciais da fase final da cultura castrexa no seu tránsito de cara a outras formas de ocupación do territorio nas Rías Baixas, así como comprender como a proximidade do medio marítimo e a pesca era a base da súa economía e subsistencia. A nova campaña arqueolóxica que se vai poñer en marcha no xacemento vilagarciá prevé escavar 400 metros cadrados máis de superficie. Os traballos terán unha duración de catro meses e inicialmente comezarán a realizalos 12 persoas: 3 arqueólogos, 8 auxiliares e 1 restaurador. O equipo irase incrementando paulatinamente con máis persoal a medida que a empresa contratada pola Deputación remate os traballos que están a realizar en Santa Tecra.
As escavacións financiadas polo organismo provincial intégranse nun proxecto máis amplo promovido polo Concello de Vilagarcía para poñer en valor o enclave arqueolóxico e histórico máis importante da vila. Cun investimento superior aos 600.000 euros serán tres os proxectos a realizar, xa que ademais desta campaña arqueolóxica, levarase a cabo a musealización do xacemento, a mellora do acceso dende Vista Alegre e o acondicionamento da zona de esparexemento do parque. O proxecto de musealización que financiará o Ministerio de Fomento executarase xusto a continuación da campaña arqueolóxica. Tan pronto como remate esta comezarase coas actuacións para musealizar a zona e que consistirán en consolidar as estruturas exhumadas, na instalación de pasarelas para permitir unha mellor viasualización do xacemento sen afectalo, na colocación de paneis informativos e, de ser o caso, en poñer algunha iluminación. O Castro de Alobre, de titularidade do Concello de Vilagarcía de Arousa, atópase en mal estado en pleno casco urbano da localidade. As investigacións realizadas ata o momento sinalan que o castro estivo ocupado entre os séculos I a.C. e o II d. C, acadando o máximo apoxeo durante o imperio de Augusto e a dinastía Xulio ¨C Claudia. Trátase dun castro de importantes dimensións emprazado nunha punta costeira, que estaba defendido polo mar e as marismas da desembocadura do río Con, nun rico contorno con recursos agrícolas e pesqueiros.
Durante a vixencia das escavacións, o Concello de Vilagarcía de Arousa organizará visitas guiadas por técnicos para os colexios e incorporará a escavación como un dos recursos a visitar nos itinerarios turísticos da localidade.
As actuacións no castro de Alobre forman parte dunha serie de intervencións que a Deputación de Pontevedra está a desenvolver en 18 xacementos galaico-romanos da provincia de Pontevedra entre os que se atopan, ademais de Alobre, o Castro de Santa Trega en A Guarda, Castro de Facho de Donón en Cangas, Castro de a Lanzada en Sanxenxo, Porta de Arcos en Rodeiro, Mercado dos Mouros en Valga, Igrexa Vella en Valga, Monte do Castro en Ribadumia, Adro Vello en O Grove, Castro de Troña en Ponteareas, A Cabeciña en Oia, Castrolandín en Cuntis, Alto da Cruz do Castro en Cotobade, Castro de A Subidá en Marín, Castro de Toiriz en Silleda, Coto de Altamira en As Neves, Alto dos Cubos en Tui, Castro de Penalba en Campo Lameiro.

Business over Tapas June 21 2018 Nº 261

21-06-2018 Votos:76 Mundo Celta por José Antonio Sierra Xornal de Galicia

Editorial: Pedro Sánchez appears not to be enjoying the usual... .+

El presidente electo de Colombia debe explicar la campaña en Google ADWORDS con transparencia

19-06-2018 Votos:84 Jurídico Xornal de Galicia

Dr. (PhD) Miguel Gallardo perito judicial forense Tel.  902998352 E-mail:... .+

Amanda Seibel presenta en Galicia su nuevo libro

18-06-2018 Votos:108 Comunicados Xornal de Galicia

La literatura erótica nunca pasa de moda, sin embargo ocasionalmente... .+

APEDANICA investiga a partidos políticos como PPDEGALICIA.COM en campañas electorales tramposas

17-06-2018 Votos:95 Jurídico Xornal de Galicia

Dr. (PhD) Miguel Gallardo perito judicial forense Tel.  902998352 E-mail:... .+

China amplía la red de centros para realizar el examen de español SIELE

15-06-2018 Votos:77 Lenguas Minoritarias y Coficiales por José Antonio Sierra Xornal de Galicia

  Ceremonia de entrega de la acreditación SIELE al Instituto Seredu... .+

Caso eólico con orden de detención a un acusado y los imputados exdirector general de Industria y Energía del Gobierno d…

13-06-2018 Votos:627 Energías Xornal de Galicia

El magistrado que preside el tribunal de jurado encargado de... .+

Di adiós a tus problemas bucales

11-06-2018 Votos:142 Comunicados Xornal de Galicia

  El implante dental ha ganado mucha importancia durante los últimos... .+

ERRORES JUDICIALES al Tribunal Constitucional en RECURSO DE AMPARO contra estereotipos

11-06-2018 Votos:129 Jurídico Xornal de Galicia

RECURSO DE AMPARO   AL TRIBUNAL CONSTITUCIONAL   DOÑA GLORIA ARIAS ARANDA procuradora de... .+

Business over Tapas June 7 2018 Nº 260

07-06-2018 Votos:187 Mundo Celta por José Antonio Sierra Xornal de Galicia

*Next week, Business over Tapas is taking a break. We... .+

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi