As aldeas de Ourense van morrendo

11 Agosto 2015  Sección; Especiales 3650 votos

14205438987 8b03488c1e cOnte estiven a ler na Región unha noticia, que non é tal para os que, a pesar de todo, seguimos a vivir na aldea. O que di non che é cousa de agora, o despoboamento rural vén de moito atrás: "Ourense, La Región (5/10/09). Más de un centenar de aldeas de la provincia están vacías, exactamente 113, según los datos del INE. Si nada lo remedia, los datos del futuro no son más halagüeños: en la actualidad hay 71 pueblos o lugares con sólo un habitante y 473 que tienen menos de cinco vecinos."

 Certo. Aquí, en Barxacoba, non roxe ninguén, mesmo pasa en outras aldeas do Concello de Parada do Sil e mais na Teixeira. A vida está comida do demo. Antano, dicíase dunha aldeíña da bisbarra: "no fiadeiro de Aguil, dúas vellas e mais un candil". Agora, desaparecidos os fiadeiros e mailos candís de carburo, o dito pódese espallar a tódalas aldeas da Ribeira Sacra.
Os adiantos chegaron tarde: Deus dálle panos a quen non ten mocos.A xente moza emigrou e as aldeas van morrendo. Seica que xa vai quedando pouco para remata-la Residencia da Terceira Idade, no Concello de Parada do Sil: matinan en nos querer meter alí a todos, ós vellos, que xente miúda xa non se dá por estes lares. Disque nos van dar tres comidas ó día; de tres pratos, dúas; viño e cama quente. Pois, a vivir!, que ben o merecemos.


Canta miseria, meu Deus: o panciño de centeo na artesa, unha pequena morea de pataquiñas no curral e mais uns touciños colgando no afumadoiro, era o que había. Co corpo famento, algún que outro rouba nas casas con haberes, malia que habían de viren os do tricornio a medirlle as costas; o cura, por outra banda, prometíache, no sermón do domingo, que a túa alma podería acabar, ó remate de esta difícil singradura, sepultada no inferno: "palabra de Dios", remataba ameazante o crego. Pois, amén, que fagan de nós o que quixer, que máis dobregados xa non che podemos estar: cava que te cava nas viñas, os feixes de estrume e de leña ó lombo, apañando as uvas, na carrexa, pataos arriba, cos cestos culeiros a rebentar: fame, paus e "cala e ponte teso". Dabondo coñecíamos xa o inferno.


O señor alcalde botou unha ollada ó padrón, poñendo cara e figura a cada nome da listaxe, mais ben curta, descolgándose da mesma a maquía, a cal, ano tras ano, polo inverno, vén cobra-la parca, cortando o fío da vida, a quen lle cadre, ladroa e caprichosa ela: xa che quedamos ben pouquiños, e despois de pasa-la gripe A, nos veremos aínda máis minguados, quedarán uns cantos como reservas, simples testemuñas doutra época, que foi daquela e que xa non é, porén, o señor Alcalde non nos quere ver ciscados polas aldeas e casares: un aquí, outro acolá, como os bispos. Anda na procura de recadarnos nun só lugar: "todo quisque á Residencia", coida el.


O señor Gobernador, ou como demo se chame agora, apoia ó señor alcalde co gaio de pecha-las aldeas e atranca-la estrada cuns cancelos, onde rezará o cartel: "Parque Natural". Quérennos varrer dos lugares, que nos tiren ó Sil e que nos coman as troitas! Están falando de substituírnos por porcos bravos, raposos, lobos e cabras. Mais, na reserva, quedarán as pedras, que falan soas.


Eduardo Prieto Casares

Robert Boyd, un irlandés en busca de la libertad en España. Por Francisco Javier Salmerón Giménez

Después de defender Cartagena y Alicante del cerco realizado por...

Telefónica del Perú y Ley N° 29733 - Ley de Protección de Datos Personales por declaraciones de Luis Vargas

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

Relaciones España-Irlanda Aula María Zambrano de Estudios Transatlánticos de la Universidad de Málaga

El Aula María Zambrano de Estudios Transatlánticos de la Universidad...

Ventajas de escoger imágenes gratis sin derechos

En la gran mayoría de proyectos, ya sea para diseñar...

Lo que necesitas saber sobre el turismo deportivo

¿Quieres unas vacaciones diferentes este año? El turismo deportivo es...

Aumenta el número de jugadores online

Hace unos años, nos parecía que el mundo del deporte...

El ex periodista de El País, Javier Ayuso, según el fiscal anticorrupción Miguel Serrano esta “protegido por la Ley de S…

Javier Ayuso Manuel Cerdán 20/02/201906:50 El fiscal anticorrupción Miguel Serrano prohibió al ex comisario José Villarejomencionar...

Otros articulos relacionados.....