Simulación dun fígado que está desenvolvendo metástases

Investigadores do Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do grupo de investigación Signaling Lab da Facultade de Medicina e Farmacia da Universidade do País Vasco (UPV/EHU) conseguiron reducir nun 80 % a metástase hepática producida polo cancro de colon. Valéronse de nanopartículas para frear o crecemento dos vasos sanguíneos que chegan ás células tumorais e dese xeito reducir o aporte de osíxeno e alimentos a esas células, consiguindo así que o seu crecemento tamén sexa menor. Os resultados desta terapia experimental probada en ratos acaban de publicarse na revista International Journal of Cancer.



A metástase é o proceso polo que un tumor que crece nun órgano se desprende del e viaxa a outro e colonízao. Nese proceso, as células endoteliais crean novos vasos sanguíneos (anxioxénese) a través dos cales as cancerosas obteñen os alimentos e osíxeno necesarios para crecer. “A diferenza das células endoteliais normais, e como consecuencia das senais que lles chegan das células tumorais, as que abastecen aos tumores teñen un crecemento maior e tenden a moverse cara á masa metastásica para axudala a crecer”, comenta Iker Badiola, do grupo de investigación  Signaling Lab.

Coa fin de revelar que é o que provoca ese cambio nas células endoteliais iniciaron unha investigación con ratos, aos que lles provocaron unha metástase hepática utilizando células de cancro de colon, e a continuación extraeron as endoteliais. Posteriormente realizaron unha dobre comparación entre esas células endoteliais e outras sas: por unha parte, a nivel proteico, onde  viron que proteínas aparecían e cales non en cada tipo de células, e en que nivel o facían; e por outra en micro-RNA, que son pequenos elementos que participan na regulación de proteínas.

Mediante ferramentas bioinformáticas fixeron o cribado e selección das proteínas e os elementos micro-RNA relevantes, “e no último paso desa selección quedamos cun micro-RNA concreto, o miR-20ª, un elemento que aparece nas células endoteliais sas pero que desaparece nas que están en contacto co tumor. Vimos que como consecuencia da desaparición do miR-20a nas células endoteliais aparecía unha serie de proteínas, e era entón cando comezaban a cambiar o seu comportamento e empezaban a crecer e desprazarse”, aclara Badiola.

A restauración do miR-20a mediante nanopartículas
No desenvolvemento de calquera tratamento é preciso ter en conta que unha vez identificada a diana terapéutica e a molécula bioactiva a empregar hai que dirixila á súa diana de modo efectivo e seguro. Pero a superación con éxito deste paso é extremadamente difícil. Como sinala Alejandro Sánchez, da USC, “esa dificultade é a causa de que a día de hoxe carezamos de tratamentos para enfermidades cuxa orixe, desenvolvemento, dianas e posibles moléculas terapéuticas coñecemos”. É dicir, existe un gran desequilibrio entre o coñecemento sobre moitas enfermidades e o desenvolvemento de estratexias seguras e eficaces para abordar con éxito o seu tratamento.

Neste caso concreto, a estratexia de direccionamiento utilizada baseouse en adaptar unhas nanopartículas previamente patentadas pola USC e para as que xa se obtiveran probas de concepto sobre a súa utilidade terapéutica ao tratamento da metástase hepática producida polo cancro de colon. Estas nanopartículas elaboráronse a base de compoñentes amplamente empregados pola industria farmacéutica (ésteres de sorbitán), e a súa principal característica é unha relación entre estabilidade, versatilidade, seguridade, capacidade de direccionamento, facilidade de produción e custe moito máis favorable que a que presenta calquera outra nanotecnoloxía actualmente dispoñible.

Patente solicitada
“Aínda que as nanopartículas xa foron protexidas de forma xeral, no caso desta aplicación concreta procedeuse a solicitar a protección mediante patente para a combinación das nanopartículas adaptadas co miR-20a, un paso fundamental no camiño cara á súa potencial explotación industrial”, indica Susana Torrente, da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC.

Seguidamente, os investigadores iniciaron os experimentos para demostrar se a inclusión do elemento miR-20a faría restablecer o comportamento das células endoteliais que abastecen os tumores. Para iso, sobre a base de nanotecnoloxía descrita obtivéronse unhas nanopartículas “ deseñadas para ser dirixidas ás células endoteliais hepáticas e cargadas de miR-20a. Para coñecer o efecto subministrámosllas a ratos aos que previamente lles provocáramos a metástase, e a análise patolóxica revelou que nos casos tratados se formaran moitos menos vasos sanguíneos novos dentro dos tumores. Así mesmo, certificamos que o número e tamaño das masas de metástase se reduciran nun 80 %”, detalla Sánchez

Badiola valora positivamente poder reducir o tamaño da metástase nesa proporción, pero ten claro que se algunha vez chega a ser empregado como tratamento, será “algo complementario. Non hai que ignorar que a metástase segue crecendo un 20% e, ademais, en ningún momento se destrúen as células tumorais”. Evidentemente, o equipo investigador non descarta que esa axuda complementaria “ poida ser obtida deseñando modificacións específicas das nanopartículas mencionadas”, como apunta Alejandro Sánchez.

No traballo, o grupo de Iker Badiola realizou o estudio do comportamento das células e o de Alejandro Sánchez o deseño das nanopartículas, pero tamén contaron coa colaboración doutros centros como o instituto Biodonostia, a Universidade de Düsserdolf, a Universidade de Bordeaux e o servizo SGIKER da UPV/EHU.

Premio George Campbel del Aula María Zambrano UMA-ATECH para Verónica Membrive de la UAL

Verónica Membrive, profesora e investigadora del Departamento de Filología de...

La seguridad de los casinos evoluciona con la tecnología

La vida es constante evolución y lo que no avanza...

La estrategia más efectiva en los negocios: ser creativos

Cada día aparecen nuevos avances que obligan a las empresas...

¿Cómo invertir en tu propio futuro?

Hoy en día y con los tiempos que corren resulta...

Para las Navidades, actuales y venideras

La navidad es una época centrada en celebrar el nacimiento...

Cómo cambiar la percepción que el público tiene de tu marca

Mantener una buena reputación de cara al público es muy...

Los primeros regalos navideños

Los regalos navideños generan y reafirman los lazos de amistad...

Trabajos verticales con calidad profesional en Sevilla

Prolongar el rango de vida útil de los acabados en...

APÓYATE EN LOS EXPERTOS PARA TENER UNA BODA DE ENSUEÑO

Planificar una boda combina dos aspectos opuestos; por una parte...

Otros articulos relacionados.....