Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

premiados15A cinta xeorxiana ‘Dinola’ acadou o segundo premio, a española ‘El Corredor’ obtivo o do público e ‘Unary’ foi a mellor galega

Bueu, 13 de setembro de 2015. O filme alemán ‘Nashorn im Galopp’ (‘Rinoceronte ao galope’) proclamouse a onte gañadora da oitava edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (Pontevedra). O alcalde, Félix Juncal, fíxolle entrega do galardón, dotado con 2.000 euros, a Lisa Stürgkh, representante da produtora desta orixinal comedia romántica, que deu paso a un simpático vídeo no que o director, Erik Schmitt, agradecía o recoñecemento. O rexedor, pola súa banda, salientou que “é un pracer ver como, durante unha semana, esta sala se enche en dous pases diarios con máis de 500 persoas, ese é o mellor recoñecemento”. A vencedora da noite levou ademais os premios a mellor montaxe, música e dirección artística.

O segundo premio do xurado, que ascende a 1.000 euros, foi para a cinta xeorxiana ‘Dinola’, dirixida por Mariam Khatchvani. A súa xemelga, que traballou no filme como asistente, recolleu o galardón de mans de Xosé Leal, concelleiro de Novas Tecnoloxías e representante da Deputación de Pontevedra, un dos principais patrocinadores do FICBUEU 2015 canda La Caixa e a navieira Nabia. Tamar Khatchvani rematou os seus agradecementos cun aplaudido “Boas noites!” e introduciu o vídeo no que a irmá escusaba a súa ausencia por estar rodando a súa primeira longametraxe. Era a cuarta vez que subía ao estrado, xa que a curta se fixo tamén cos premios a mellor guión, fotografía e vestiario.

Cando menos curioso foi o anuncio do título gañador do premio do público por parte do concelleiro de Cultura, Carlos Eirea, que conectou “en diferido” co festival desde Copenhague para desvelar que a fita española ‘El Corredor’, que ten a crise económica como pano de fondo, fora a a máis votada polos asistentes ao FICBUEU 2015. O director, José Luis Montesinos, comentou de xeito virtual que “esta é unha curta de segundas oportunidades”, polo que lla dedicou “ás persoas que se reinventan cada día para seguir vivindo”.

‘Unary’, de Luís Avilés, resultou nomeada mellor curtametraxe galega desta sétima edición. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, anunciou o galardón, que ao igual ca o premio do público está retribuído con 500 euros, neste caso grazas ao patrocinio da Fundación Novas. A produtora do filme, Elena Olivares, tivo un agradecemento especial para o protagonista, Antonio Durán ‘Morris’, que “é o 90% desta curta e se portou de xeito incrible, como persoa e como actor”.

Tamén o responsable do son de ‘The Chicken’ (‘A galiña’), Raoul Brand, viaxou ata Bueu para recoller o diploma que lle mereceu o seu traballo nesta produción xermanocroata e, de paso, o recoñecemento á mellor dirección, en nome da súa compañeira Una Gunjak. Lea, a nena interpretada por Julia Pointner noutra curta alemá, ‘Alles Wird Gut’ (‘Todo irá ben’), valeulle o premio a mellor actriz, mentres que o de mellor actor foi para Noomen Hamda polo taxista en apuros do filme francotunesino ‘Pére’. O premio a mellor maquillaxe e peiteado recaeu na estadounidense ‘Starman’.

A coordinadora do FICBUEU 2015, Cristina Sanmartín, e mais os tres profesionais do audiovisual galego que formaron parte do xurado, Ana Diz, Anxo Santomil e a actriz Deborah Vukusic, encargáronse de anunciar os vencedores destas once categorías técnicas e artísticas, merecedores dun diploma, que saudaron desde a pantalla.

Migrantes e refuxiados

A gala de clausura fixo un ano máis oco para a denuncia social no seu arranque. César Aldea protagonizou a interpretación dun poema sirio que fala do tráxico destino que moitas persoas migrantes e refuxiadas atopan no Mediterráneo. O actor volveu conducir o acto, amenizado por Severiano Casalderrey ao piano. No transcurso do evento procedeuse asemade ao sorte da campaña ‘Bueu ten un comercio de película’, promovida por Fecimo.

No entanto, a música de cine xa comezou a soar na rúa unha hora antes de iniciarse a cerimonia, da man da Banda de Música Artística de Bueu. Unha charla sobre literatura e cine ou a proxección de curtamentraxes en Cangas foron outras das actividades complementarias que este ano contemplaba a programación do festival. Na liña das edicións anteriores, unhas 3.000 persoas pasaron entre o domingo e o sábado polo Centro Social do Mar para gozar do FICBUEU 2015, organizado pola Concellería de Cultura.{jcomments on}

APEDANICA pide transparencia al Defensor de Pueblo y cuestiona conflictos de intereses de abogados

16-08-2018 Hits:35 Jurídico Xornal de Galicia

Dr. (PhD) Miguel Gallardo perito judicial Teléfono  902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación... Read more

Business over Tapas August 16 2018 Nº 269

16-08-2018 Hits:45 Mundo Celta por José Antonio Sierra Xornal de Galicia

Editorial: While we shudder quietly over the story in The... Read more

Business over Tapas August 9 2018 Nº 268

09-08-2018 Hits:129 Mundo Celta por José Antonio Sierra Xornal de Galicia

Editorial: All these immigrants washing ashore, hiding in the glove-box... Read more

Prestamos online, la ayuda de moda en verano.

08-08-2018 Hits:108 Comunicados Xornal de Galicia

Los préstamos online en verano tienen un incremento en su... Read more

Muestra del Dialecto Barranqueño. Sus rasgoscaracterísticos sin establecer relaciones de covariación entre hechos lingii…

08-08-2018 Hits:86 Lenguas Minoritarias y Coficiales por José Antonio Sierra Xornal de Galicia

Náo Náo Náo tem aquilo ¡it parece que aquilo agora... Read more

Claves de sistema judicial LexNET objeto de extorsión a abogado en denuncia al CNI y Ministerio de Justicia

07-08-2018 Hits:104 Jurídico Xornal de Galicia

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO JUDICIAL Tel. (+34)  902998352 E-mail:... Read more

¿Cual es la mejor opción para vender un coche?

03-08-2018 Hits:119 Comunicados Xornal de Galicia

  Cualquier propietario de un coche, sabe por regla general que... Read more

Guardia Civil investiga pagos de la Generalitat de Catalunya a Google por el Procés y referendum 1-O

02-08-2018 Hits:152 Jurídico Xornal de Galicia

Dr. (PhD) Miguel Gallardo perito judicial Teléfono  902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación... Read more

Business over Tapas August 2 2018 Nº 267

02-08-2018 Hits:131 Mundo Celta por José Antonio Sierra Xornal de Galicia

Editorial: We were going to run an editorial on the... Read more

anunciobannerabogadoscontralacorrupcion2


Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi