“O Partido Popular está afundido nas enquisas, xa o di o propio Aznar, e Feijóo tamén debería reflexionar por que o 24 de maio o seu partido obtivo o peor resultado da historia”, afirma o líder dos socialistas

Ponte Caldelas, 11 de outubro de 2015. O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe que Ponte Caldelas “é un bo exemplo da ilusión polo cambio despois de 40 anos co PP, o cambio parecía imposible neste concello pero foi posible, como pasará nas próximas eleccións xerais e autonómicas”.

Besteiro deu un paseo por Ponte Caldelas co novo alcalde socialista, Andrés Díaz Sobral, antes de participar nun almorzo con militantes. “Representamos a alternativa, a esperanza polo futuro, por novos retos cunha política que asume os seus compromisos cos cidadáns”, manifestou aos medios de comunicación.

“O Partido Popular está afundido nas enquisas, xa o di o propio Aznar, e Feijóo tamén debería reflexionar por que o pasado 24 de maio o seu partido obtivo o peor resultado da súa historia nas eleccións municipais de Galicia”, afirmou o líder dos socialistas.

En opinión do secretario xeral do PSdeG, “os gobernos de progreso xa están en tres das catro deputacións galegas e en numerosos concellos, onde amosamos que outra forma de gobernar é posible, quedan dous meses para o cambio que representa Pedro Sánchez”.

Besteiro eloxiou a nova política representada polo alcalde Andrés Díaz, que xa puxo en marcha 33 asembleas veciñais no concello: “Ponte Caldelas ten agora un goberno que asume os seus compromisos e fai o seu traballo sen darlle as costas aos cidadáns”.{jcomments on}

Equipos de la Liga de Campeones clasificados para la fase de grupos

El sexto y último día del grupo de la Liga...

Premio George Campbel del Aula María Zambrano UMA-ATECH para Verónica Membrive de la UAL

Verónica Membrive, profesora e investigadora del Departamento de Filología de...

La seguridad de los casinos evoluciona con la tecnología

La vida es constante evolución y lo que no avanza...

La estrategia más efectiva en los negocios: ser creativos

Cada día aparecen nuevos avances que obligan a las empresas...

¿Cómo invertir en tu propio futuro?

Hoy en día y con los tiempos que corren resulta...

Para las Navidades, actuales y venideras

La navidad es una época centrada en celebrar el nacimiento...

Cómo cambiar la percepción que el público tiene de tu marca

Mantener una buena reputación de cara al público es muy...

Los primeros regalos navideños

Los regalos navideños generan y reafirman los lazos de amistad...

Otros articulos relacionados.....