Lobos sacrificados

12 Mayo 2016 1035 votos

Ratio: 5 / 5

Inicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activado
 

google com mx imagenes de una manada de lobos(CONTÉN SPOILERS)

Este filme trata sobre a explotación dunhas minas galegas de wolframio polos nazis nos anos corenta e o intento de sabotaxe por algúns afíns aos países aliados. Pero tamén da historia de Manuela, madre solteira e por riba medio meiga. E das miserias humanas. E do medo. E do sacrificio. E das lendas galegas que tan ben quedan debuxadas na gran pantalla.

É certo que estamos ante un filme un tanto diluído no que á realización lle falta un pouco de ritmo, pero tendo en conta que se trata do primeiro traballo para a gran pantalla deste director cumpre perfectamente.

Simón Casal demostra coñecer ben iso que conta,  fainos chegar unha parte da nosa historia interesante (relacionada, como non, coa guerra civil e o franquismo, pero bastante descoñecida ao fin e ao cabo) e a cal conta, ademais, cunha ambientación que nos traslada de veras á época e con varios elementos que a fan gustosa para pasar un rato entretido e proveitoso.

Lobos sucios atrapa ao espectador e posúe escenas realmente boas. Cando as personaxes de Manuela Vellés e Sabela Arán (a cal interpreta un papel curto pero intenso) van roubar wolframio e explota unha bomba que lles tiran outros saqueadores, a interpretación é realmente convincente. Sabela Arán demostra que cun papel pequeno tamén se pode facer unha gran actuación. Por outra parte, Manuela Vellés, xunto a Carmen Abarca métense nas súas personaxes ata as entrañas sen facer dubidar ao espectador en ningún momento, dotando á película dunha interpretación esplendida. Pero os actores masculinos tampouco quedan atrás, destacando especialmente Ricardo de Barreiro cun papel secundario que namora pola súa forza.

O peor: caer nos maniqueos máis comúns, o avance da historia a saltos e certos elementos moi perceptibles. Cando o enxeñeiro nazi lle mira o colgante a Manuela, e despois, escenas máis adiante, esta llo da ao músico preso, o espectador minimamente experimentado xa sabe de seguro que iso vai ser a clave coa que o enxeñeiro se vai sentir enganado por eles e vai intentar destruílos como sexa. O final, aínda que é como o espectador quere que sexa, peca de previsible e cun romance un pouco forzado.

O mellor, sen dúbida, é a actuación intensa e convincente das dúas protagonistas,  así como a fotografía de Sergi Gallardo. A aura de sacrificio que desprende toda a historia tamén é un dos seus puntos fortes, todos se sacrifican por alguén, é máis, algúns (por non dicir todos) necesítano para ter unha razón para vivir.

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamañoCreado
Descargar este archivo (ficha_lobossucios_nuriagarciagarcia.JPG)Ficha técnica Lobos Sucios 95 kB2016-05-12 15:07
Descargar este archivo (manuelavelles.JPG)Manuela Velles 2 kB2016-05-12 15:18

La única persona que no comete errores es el mercado Forex mismo

23-07-2018 Votos:5 Comunicados Xornal de Galicia

Una gran cantidad de operadores de Forex caen constantemente en... .+

Las tiendas de chinos ofrecen los mejores productos a buen precio

19-07-2018 Votos:52 Comunicados Xornal de Galicia

Las tiendas de chinos están de moda en España porque... .+

Las ventajas del hormigón a la hora de decorar los suelo

19-07-2018 Votos:36 Comunicados Xornal de Galicia

El hormigón es un material ampliamente utilizado en la construcción... .+

Business over Tapas July 19 2018 Nº 265

19-07-2018 Votos:60 Mundo Celta por José Antonio Sierra Xornal de Galicia

Editorial: It must be hard being Royalty in Spain. A... .+

Music of the Loom

19-07-2018 Votos:39 Mundo Celta por José Antonio Sierra Xornal de Galicia

Weaving has a long connection to music, particularly in Ireland... .+

Qué es el SEO y por qué es importante para una empresa

18-07-2018 Votos:53 Comunicados Xornal de Galicia

Para nadie es un secreto que el crecimiento empresarial ahora... .+

6 beneficios del masaje que te interesa conocer

18-07-2018 Votos:46 Comunicados Xornal de Galicia

Además de ser una experiencia muy placentera, el masaje tiene... .+

Conoce todo lo que debes saber sobre las mejores tarotistas y videntes sin gabinete

18-07-2018 Votos:49 Comunicados Xornal de Galicia

En alguna etapa de nuestras vidas, probablemente en las de... .+

Anuncios pagados a Google ADWORDS por instituciones públicas deben ser fiscalizados según APEDANICA

12-07-2018 Votos:118 Jurídico Xornal de Galicia

Dr. (PhD) Miguel Gallardo Tel.  902998352 Fax: 902998379 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación... .+

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi