Intriga na costa

28 Octubre 2015  Sección; Especiales 1878 votos

Intriga na costaUnha mañá o cadáver de Justo Castelo, un mozo mariñeiro, aparece na beira do mar, na praia de Panxón. Leva as mans atadas cunha brida e, nun principio, parece que foi el quen se quitou a vida. Tras a autopsia repárase en que a brida, tal e como está, é imposible que a puxera el mesmo.

O investigador Leo Caldas xunto ao seu compañeiro Rafa Estévez embárcanse nun caso sen testemuñas, nunha vila chea de supersticións e certa retranca, que lles levara a un escuro naufraxio pasado con moitos misterios.

Rodada en Nigrán e en Vigo, o novo filme de Gerardo Herrero lévanos á historia baseada no libro homónimo de Domingo Villar (quen é tamén coguionista da película). A medida que o espectador vai penetrando na historia, a intriga por saber quen é o asasino de Castelo vai crecendo cada vez máis. Estamos ante un filme que, aínda que empeza suave, consegue finalmente atrapar ao espectador.

Caldas, moi ben interpretado por Carmelo Gómez (quen tivo que afacerse ao galego e falar no mesmo con bos resultados), e Estévez, ao que lle da vida Antonio Garrido e se lle agradece ese punto cómico por non acabar de entender os costumes e a retranca galega, non o terán fácil, xa que o pobo resístese a desvelar as sospeitas e non aclaran o que puido pasar nese naufraxio pasado.

O elenco dos demais actores funciona ben, sobresaíndo Luis Zahera, quen aparece como o sospeitoso e fai unha actuación tremendamente boa como mariñeiro da zona. Luis Iglesia, cun pequeno papel de forense, sobresae dentro dos actores non principais.

Cunha fotografía correcta e un son que non abusa de efectos especiais (algo que se agradece), a película coxea un pouco no abuso de diálogos e nunha atmosfera que non acaba de atrapar en concordancia ao xénero do filme. Non obstante estamos ante un filme cunha historia ben tramada con xiros inesperados, que acaba mellor do que empeza e no que podemos gozar duns escenarios que reflicten excepcionalmente á costa galega e ao seu pobo{jcomments on}

Nuria García García

@triscele_

¿Dónde se pueden estudiar las lenguas cooficiales de España en Andalucía?

:CON MOTIVO DE LAS PRÓXIMAS ELECCIONES GENERALES ASÍ COMO AL...

Robert Boyd, un irlandés en busca de la libertad en España. Por Francisco Javier Salmerón Giménez

Después de defender Cartagena y Alicante del cerco realizado por...

Telefónica del Perú y Ley N° 29733 - Ley de Protección de Datos Personales por declaraciones de Luis Vargas

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

Relaciones España-Irlanda Aula María Zambrano de Estudios Transatlánticos de la Universidad de Málaga

El Aula María Zambrano de Estudios Transatlánticos de la Universidad...

Ventajas de escoger imágenes gratis sin derechos

En la gran mayoría de proyectos, ya sea para diseñar...

Lo que necesitas saber sobre el turismo deportivo

¿Quieres unas vacaciones diferentes este año? El turismo deportivo es...

Aumenta el número de jugadores online

Hace unos años, nos parecía que el mundo del deporte...