Acto de inauguración na Facultade de Filoloxía

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, inaugurou este xoves o XVII Congreso Internacional da Asociación Española de Estudos Irlandeses, un encontro anual que reúne a todas aquelas persoas que comparten o interese pola historia, sociedade, arte e literatura de Irlanda, co obxectivo de intercambiar información sobre esta cultura.



A Asociación Española de Estudos Irlandeses (AEDEI) é unha organización académica sen ánimo de lucro que ten como finalidade fomentar e promocionar a cultura irlandesa en España. Dende a súa fundación no ano 2001, a Asociación reúne un gran número que persoas que traballan na área de estudos irlandeses. As reunións anuais de AEDEI organízanse normalmente no mes de maio nunha universidade española, nesta ocasión na de Santiago de Compostela.

O acto de inauguración deste congreso tivo lugar este xoves na Facultade de Filoloxía e contou coa intervención do reitor da USC, Juan Viaño, quen destacou a importancia deste evento para “compartir coñecemento e experiencia no ámbito dos estudos irlandeses’. A presentación contou coa participación da embaixadora de Irlanda en España, Sìle Maguire; a vicedecana da Facultade de Filoloxía, María José Domínguez Vázquez; o presidente da Asociación Española de Estudios Irlandeses, Asier Altuna García de Salazar; e Margarita Estévez Saá, do Comité Organizador.

O programa do XVII Congreso Internacional da Asociación Española de Estudos Irlandeses desenvólvese ata este venres. Na sesión deste xoves presentáronse contidos relacionados coa literatura, música, pintura e unha entrevista e lectura pública da man da escritora irlandesa Sara Baume. Na xornada do venres, o congreso trata a poesía irlandesa contemporánea, as mulleres irlandesas na diáspora e a redacción de cartas na emigración, entre outros temas. Ademais, contará cunha mesa redonda sobre a obra da novelista Mary O’Donnell e unha entrevista e lectura pública coa poeta Celia de Fréine.

Os profesores da USC Jorge Rodríguez Durán, Arancha Rodríguez Fernández e Richard Jorge intervirán coas conferencias ‘City Portraits: Images and Words from the Troubles’, ‘Our Shared Japan: Contemporary Spaces of Love and Exoticism by Irish Women Poets’ e  ‘Baleful Distractions: The Female Body in the Short Stories of James Joyce and Bram Stoker’, respectivamente.

Apostando la suerte en las mejores páginas online

Aunque la suerte sea el factor más importante en el...

Qué limitaciones tiene estar en una lista de morosos

Dificultades para acceder a financiación, imposibilidad de cambiar de compañía...

Una hemeroteca virtual con miles de noticias sobre el español

Lengua y Prensa es un proyecto coordinado por Francisco M...

Planes de futuro: la maternidad, una etapa emocionante

Ser madre es el sueño de muchas mujeres, pero hay...

SERÁ OBLIGATORIO SABER CASTELLANO PARA SER PRESIDENTE DE LA COMUNIDAD

COMUNIDAD DE PROPIETARIOS DE MÁLAGA APRUEBA LA NECESIDAD DE SABER...

Un evento debe contar con una organización de primera

  Organizar un evento requiere pensar en cada uno de los...

¿Qué productos elegir para cada tipo de piel?

Para el cuidado de la salud, la belleza, el cuidado...

Análisis de la conducta de los presuntos expertos en analizar conductas

Perspectiva metapericial de informes y dictámenes policiales y privados Dr. (PhD)...

Otros articulos relacionados.....