Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

A Mesa tramitou 156 queixas por vulneración de dereitos lingüísticos pola administracións públicas, entidades e empresas de diferente sectores públicas e privadas

Marcos Maceira: “O cliente sempre ten a razón agás se falar galego. É hora de que Xunta e goberno central deixen de ser cómplices e actúen para defender ás persoas que queremos falar no noso propio país”

Liña do galego en pdf

Santiago de Compostela-. 14 de decembro de 2015. A Mesa pola Normalización Lingüística presentou hoxe a Memoria de actuacións da Liña do Galego (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.), un servizo gratuíto, telefónico e na rede, ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística e dirixido a toda a poboación, que atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas, etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantir o dereito a vivir en galego.

Na memoria presentada hoxe pola Secretaria Xeral da Mesa, Susana Méndez, e o seu presidente, Marcos Maceira, obsérvase como a maioría das queixas recibidas pola cidadanía son referidas á atención oral ou escrita (33%), onde as e os usuarios se viron discriminados e denunciaron a vulneración dos seus dereitos lingüísticos.

A administración pública á cabeza das queixas

Segundo sinala a Mesa pola Normalización Lingüística na memoria, o máis significativo da descomposición das queixas segundo as entidades que se vían implicadas é que máis da metade, un 51%, refírense á administración pública, tanto estatal como autonómica e local. Este dato móstranos que en xeral é no ámbito da administración onde o cidadán é máis consciente da existencia dunha normativa que ampara os seus dereitos lingüísticos, polo que tolera menos a súa vulneración, mais tamén o alto grao de vulneración destes dereitos por quen ten a obriga legal de velar por eles.

É curiosamente a Administración Autonómica na que recaen a meirande parte das queixas recibidas na Liña do Galego ao longo deste 2015, cun 52% das queixas referidas á Administración. A Administración Xeral do Estado e a Local acadan un 27 e un 21% respectivamente.

Este dato é máis unha evidencia dos pasos atrás que o Goberno da Xunta está a dar nos últimos anos en relación ao impulso do uso do galego na administración e nos respecto aos dereitos lingüísticos da cidadanía.

Empresa privada: en galego non atenden

A actitude dos poderes públicos ampara e anima os comportamentos contra o galego de entidades privadas ante as que as consumidoras e os consumidores fican absolutamente desprotexidos.

A negativa sistemática a ofrecer atención en galego vulnera gravemente o dereito ao uso da lingua propia, convertido na realidade en obriga, en deber da usuaria ou usuario de renunciar a utilizala cando nos diriximos á administración ou a empresas que emprestan un servizo, nalgúns casos con coaccións evidentes por parte destas, que non satisfeitas con non ofertar a posibilidade de utilización da nosa lingua, permítense utilizar frases (que reproducimos pola súa frecuencia) como: o me habla castellano o no continuamos la conversación; esto es España y tiene que hablar español, por non citar outros maltratos por reclamar atención en galego como obrigar a que a propia usuaria ou usuario reelabore formularios só dispoñíbeis en castelán, ou considerar a reclamación de procedementos en galego como obstrución, como no procedemento de sanción que a Axencia Tributaria ten aberto contra a propia Mesa

Para a Mesa, as escasas disposicións que amparan o galego non se cumpren e vulnéranse con total impunidade, o que segundo Marcos Maceira, “contrasta co cumprimento rigoroso das 500 disposicións que obrigan ao uso do español, nalgún caso mesmo contra outras linguas oficiais”, que tamén indicou que “a igualdade das linguas tan proclamada non é real se a posibilidade de uso destas linguas non ten iguais dereitos e iguais deberes”.

A “normalidade das agresións lingüísticas”

Segundo sinalou o presidente da Mesa, “acabar con este estado de normalidade das agresións lingüísticas está na nosa man”. Para iso “cómpre facer visíbel a realidade, denunciar quen nos nega a posibilidade de utilizar a nosa lingua no noso propio país”, como primeiro paso para “reclamar que o dereito a utilizarmos o galego sexa plenamente respectado dándonos sempre esa opción”. Susana Méndez, Secretaria Xeral da Mesa, animou ao conxunto da sociedade galega a utilizar as liñas abertas pola Mesa: 981 56 38 85 ou 902 10 64 74 e Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Ante a ausencia de accións específicas da administración pública para que o galego estea presente Maceira sinalou a necesidade da activación da sociedade civil na reposición e normalización da lingua galega, exixindo dos diferentes gobernos que cumpran cos seus compromisos cara ao galego, actuando directamente para combater casos como os sinalados. Indicou tamén como mecanismo efectivo “o dirixírmonos directamente por diferentes vías (redes sociais, correo electrónico, postal, teléfono…) ás empresas para que muden a actitude e facer ver que somos moitas as persoas que reclamamos visibilidade e espazos de uso para o galego é unha delas.

 
 

Arquivos anexos a descargar:

Arquivos anexos a descargar:

Business over Tapas August 9 2018 Nº 268

09-08-2018 Hits:113 Mundo Celta por José Antonio Sierra Xornal de Galicia

Editorial: All these immigrants washing ashore, hiding in the glove-box... Read more

Prestamos online, la ayuda de moda en verano.

08-08-2018 Hits:92 Comunicados Xornal de Galicia

Los préstamos online en verano tienen un incremento en su... Read more

Muestra del Dialecto Barranqueño. Sus rasgoscaracterísticos sin establecer relaciones de covariación entre hechos lingii…

08-08-2018 Hits:73 Lenguas Minoritarias y Coficiales por José Antonio Sierra Xornal de Galicia

Náo Náo Náo tem aquilo ¡it parece que aquilo agora... Read more

Claves de sistema judicial LexNET objeto de extorsión a abogado en denuncia al CNI y Ministerio de Justicia

07-08-2018 Hits:87 Jurídico Xornal de Galicia

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO JUDICIAL Tel. (+34)  902998352 E-mail:... Read more

¿Cual es la mejor opción para vender un coche?

03-08-2018 Hits:106 Comunicados Xornal de Galicia

  Cualquier propietario de un coche, sabe por regla general que... Read more

Guardia Civil investiga pagos de la Generalitat de Catalunya a Google por el Procés y referendum 1-O

02-08-2018 Hits:140 Jurídico Xornal de Galicia

Dr. (PhD) Miguel Gallardo perito judicial Teléfono  902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación... Read more

Business over Tapas August 2 2018 Nº 267

02-08-2018 Hits:121 Mundo Celta por José Antonio Sierra Xornal de Galicia

Editorial: We were going to run an editorial on the... Read more

El Tarot, un don que beneficia de muchas formas

31-07-2018 Hits:136 Comunicados Xornal de Galicia

Cuando el Tarot representa todo el universo de una persona... Read more

APEDANICA denuncia al Tribunal de Cuentas irregularidades contables en la Universidad Rey Juan Carlos URJC

27-07-2018 Hits:276 Jurídico Xornal de Galicia

Dr. (PhD) Miguel Gallardo perito judicial Teléfono  902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación... Read more

anunciobannerabogadoscontralacorrupcion2


esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi