O colectivo universitario de innovación docente Ruralia abre este martes a terceira edición do Ciclo de Cinema Rural en Lingua propia coa proxección do audiovisual ‘En todas as mans’, unha produción na que se reflexiona sobre os montes veciñais e/ou baldíos de dous territorios veciños como o son Galicia e Portugal, que poderá visualizarse a partir das 18.00 horas no salón de actos da Facultade de Humanidades.

 

O proxecto ‘En todas as mans’ constitúe unha ollada dos habitantes na procura dun horizonte no que os territorios que están nas súas mans poidan ser creadores de riquezas económicas, ambientais e sociais para o seus pobos. A entrada para visualizar esta longametraxe, que se proxectará na súa versión orixinal en galego e portugués, é libre e gratuíta.

 

Esta actividade relacionada co monte veciñal en man común está organizada polo grupo Ruralia da USC en colaboración co Centro de Linguas Modernas da USC e da rede de agroecoloxía Revolta. Asemade, a proxección do filme ‘En todas as mans’ completarase cunha mesa de debate sobre a propiedade veciñal que se desenvolverá o 24 de novembro, a partir das 16.00 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo.

 

O xefe da área de montes veciñais en man común da Consellería de Medio Rural, Santiago Fraga; a enxeñeira de Montes e socia de Tenzas, Noemí García, e Alberte Román, de Trespés Cooperativa Galega, serán os relatores que participarán nesta mesa de debate sobre a propiedade veciñal.{jcomments on}

Planes de futuro: la maternidad, una etapa emocionante

Ser madre es el sueño de muchas mujeres, pero hay...

SERÁ OBLIGATORIO SABER CASTELLANO PARA SER PRESIDENTE DE LA COMUNIDAD

COMUNIDAD DE PROPIETARIOS DE MÁLAGA APRUEBA LA NECESIDAD DE SABER...

Un evento debe contar con una organización de primera

  Organizar un evento requiere pensar en cada uno de los...

¿Qué productos elegir para cada tipo de piel?

Para el cuidado de la salud, la belleza, el cuidado...

Análisis de la conducta de los presuntos expertos en analizar conductas

Perspectiva metapericial de informes y dictámenes policiales y privados Dr. (PhD)...

Alquilar un despacho en Zaragoza, una gran idea para empezar el año

Es una opción perfecta para mejorar la gestión de microempresas...

El invento que multiplicó el conocimiento

Los libros se convirtieron en la mejor forma de divulgación...

La nueva ayuda de Dropshipping, las redes sociales

Hoy día, dada la existencia de un negocio online tan...

La traducción, clave para una buena comprensión

La comprensión es lo que motiva a las personas a...