A Facultade de Filoloxía acolle estes días o Congreso Internacional MULTILEX ‘Lexicografía multilingüe en rede’, un foro de discusión sobre os dicionarios e bases de datos multilingües e os dicionarios colaborativos desde múltiples perspectivas. O encontro está organizado polo proxecto PORTLEX que conta co financiamento do Ministerio de Economía e Competitividade e ten como investigadora principal á profesora María José Domínguez Vázquez, que participou na inauguración xunto coa decana da facultade, María José López Couso, e a profesora Cristina Mourón Figueroa.
O congreso estrutúrase en diferentes seccións, como son a lexicografía electrónica multilingüe na sociedade actual, as dificultades na elaboración dos dicionarios electrónicos multilingües, os factores de calidade e o papel do usuario neste tipo de repertorios. Tamén se proporcionará unha visión de conxunto dos dicionarios electrónicos multilingües, acompañada da presentación de obras e proxectos concretos. Para responder de maneira axeitada a todos estes temas, o congreso está deseñado en forma de conferencias plenarias, seguidas de coloquio, unha sesión de pósters e unha mesa redonda sobre o presente e o futuro da lexicografía electrónica.

Na reunión danse cita os principais especialistas en cada un dos ámbitos abordados, como Maria Vittoria Calvi, da Università di Milano (Italia); Rufus Gowus, da University of Stellenbosch (Sudáfrica); Ulrich Heid (Universität Stuttgart), Christian Meyer (Technische Universität Darmstadt) e Stefan Schierholz (Universität Nürnberg-Erlangen), de Alemaña; Alberto Simões, do Instituto Politécnico do Cávado e do Ave (Portugal); Sven Tarp, da Aarus University (Dinamarca); Carole Tiberius, do Instituut vooer Nederlandse Lexicologie (Leiden, Holanda); Pedro Fuertes-Olivera, da Universidad de Valladolid; Elena de Miguel e Carlos Alonso, da Autónoma de Madrid; Mario Cal Varela, Manuel González González, Ignacio M. Palacios Martínez e María José Domínguez Vázquez, da Universidade de Santiago; e Xavier Gómez Guinovart e Carlos Valcárcel Riveiro, da Universidade de Vigo. 
A actividade está patrocinada pola Rede de Lexicografía RELEX, a Universidade de Santiago, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Instituto da Lingua Galega.{jcomments on}

La legalización de la prostitución: de nuevo en la mesa de debate

Mucho ha llovido desde la primera vez que este tema...

Business over Tapas Tuesday October 9 2018 Nº 273

Editorial: As we read of the furore regarding Judge Brett...

Business over Tapas October 4 2018 Nº 272

Editorial: Stung in some way by the hostility of the...

61.480 estructuras mayas escondidas en la jungla de Guatemala

Un vasto sondeo realizado con una novedosa tecnología de rastreo...

Los préstamos crecen y sus condiciones bajan.

Los préstamos online en verano tienen un incremento en su...

Cómo la tecnología influencia el sector de la moda

La tecnología ha facilitado muchas cosas para hacer la vida...

Primera demanda judicial contra Twitter Spain SL por suspender cuentas sin justificación ni revisión

Al Juzgado de 1ª Instancia de Madrid (DEMANDA) SOLICITANDO MEDIDAS CAUTELARES   Dr...

La AECC denuncia ante el Consejo de Europa a la Administración de Justicia Española

Madrid, 23 de agosto de 2018   La AECC denuncia ante el Consejo de...

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi