Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A AGPTI (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación) organiza este xoves 22 de outubro un acto en Vigo para celebrar o Día Internacional da Tradución.

O acto dará comezo ás 20.00 no clubCharenton. (Rúa Ramón Nieto 58, no Calvario, Vigo).

O acto consistirá nun recital poético multilingüe, no que participarán, coa coordinación de Yolanda Castaño, Josep M. Rodríguez (Cataluña), Estíbaliz Espinosa (Galiza), Sholeh Wolpé (Irán), Tal Nitzán (Israel), Nicola Madzirov (Macedonia), Ostap Slyvynsky (Ucraína) e Yasushiro Yotsumoto (Xapón). Este recital forma parte do programa do IV Obradoiro Internacional de Tradución PoéticaCon barqueira e remador, que ten lugar entre o 19 e o 24 de outubro na Illa de San Simón.

O obradoiro especializado Con barqueira e remador, dirixido a un grupo de participantes chegados dende diversas culturas de Oriente Medio, Extremo Oriente e Europa, congregará nesta ocasión 7 poetas de recoñecido prestixio en lingua catalá, galega, hebrea, macedonia, parsi, ucraína e xaponesa. Todos cumpren o dobre perfil de seren poetas recoñecidos/as dentro dos seus sistemas literarios e, á vez, solventes tradutores/as literarios con obra publicada ás súas costas. 

Ademais do traballodo propio obradoiro, que se celebrará nas instalacións da illa en horarios de mañá, Con barqueira e remador inclúe tres recitais multilingües en colaboración con distintas entidades e organismos galegos. Ademais do acto de Vigo organizado en colaboración coa AGPTI, estarán presentes nun recital en colaboración coa AELG e o Concello de Pontevedra nesta cidade e en Redondela, en colaboración co Concello e a Biblioteca Municipal de Redondela.{jcomments on}

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..