O Centro de Linguas Modernas (CLM) comeza estes días o calendario académico dos seus cursos semestrais e anuais de idiomas estranxeiros, galego e catalán tanto en Santiago como no Campus de Lugo. Ademais, o CLM organizará o xoves 24 un concerto con entrada libre e aberto a todos os públicos de The Bloody e os Maris co que ademais de celebrar o inicio do curso se conmemorará o Día das linguas europeas e o 40 aniversario deste centro universitario. A sesión comezará ás 20.30 horas na cafetería SEU en Campus Vida.

 

O alumnado que aínda non as realizara terá este venres 25 unha última oportunidade de realizar as probas de nivel de inglés (na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais ás 15.00 horas) e de alemán (na mesma facultade ás 10.30 horas). Aquelas persoas interesadas noutras linguas deberán dirixirse aos coordinadores das seccións da lingua en cuestión.

 

Como novidade fronte anteriores anos, o CLM incorporará as horas de traballo autónomo, o que permitirá ao alumnado centrarse nas destrezas que máis necesita mellorar e así intensificar a súa aprendizaxe. Como explica a directora do CLM, Katerina Vlasakova, esta medida garante a maior calidade para o/a alumno/a e reflectirase tamén no cómputo de créditos, xa que por cada 40 horas presenciais e outras 10 de traballo autónomo poderanse validar dous créditos e por cada curso de 80 horas e outras 20 horas de traballo un total de catro créditos.
Unha oferta de idiomas maior, novas modalidades orientadas á aprendizaxe de linguas estranxeiras en contextos informais, o recoñecemento do traballo autónomo e novas vías de acreditación son algunhas das novidades que afrontará o Centro de Linguas Modernas da USC (CLM) este curso 2015-2016.{jcomments on}

Premio George Campbel del Aula María Zambrano UMA-ATECH para Verónica Membrive de la UAL

Verónica Membrive, profesora e investigadora del Departamento de Filología de...

La seguridad de los casinos evoluciona con la tecnología

La vida es constante evolución y lo que no avanza...

La estrategia más efectiva en los negocios: ser creativos

Cada día aparecen nuevos avances que obligan a las empresas...

¿Cómo invertir en tu propio futuro?

Hoy en día y con los tiempos que corren resulta...

Para las Navidades, actuales y venideras

La navidad es una época centrada en celebrar el nacimiento...

Cómo cambiar la percepción que el público tiene de tu marca

Mantener una buena reputación de cara al público es muy...

Los primeros regalos navideños

Los regalos navideños generan y reafirman los lazos de amistad...

Trabajos verticales con calidad profesional en Sevilla

Prolongar el rango de vida útil de los acabados en...

APÓYATE EN LOS EXPERTOS PARA TENER UNA BODA DE ENSUEÑO

Planificar una boda combina dos aspectos opuestos; por una parte...