Logo desta iniciativa

O premio Youtubeir@s desenvolve a súa segunda edición dirixido a todas as persoas maiores de 14 anos fiel ao seu obxectivo: incrementar a presenza do galego nos vídeos de Youtube, a rede social de vídeos máis grande do mercado global. As persoas interesadas en participar poden presentar vídeos de opinión ou videotitoriais autoproducidos en galego e subidos a Youtube dun xeito independente ou nunha canle.

 

Todas as pezas participantes teñen que estar publicadas con data posterior ao 28 de abril de 2017 sen restricións de privacidade e cos cancelos #youtubeiras #youtubeiros na descrición. En total, o certame entregará 5.500 euros en premios repartidos nun conxunto de categorías que incrementan o seu número con respecto ao pasado ano. Así, a convocatoria contempla os apartados de vídeos-facermos, vídeos-opinarmos, canle, creatividade, eficiencia comunicativa, calidade técnica ou calidade lingüística.

Outra das novidades desta segunda convocatoria será o apartado ‘Premio do público’. As persoas usuarias da rede social Facebook poderán propoñer a través dun simple comentario no perfil de Youtubeir@s un vídeo do que sexan seareiros/as incluíndo cancelo #propostayoutubeira. As pezas propostas han de axeitarse ás categorías de vídeo-facermos e vídeo –opinarmos. As bases ao completo pódense consultar no web www.youtubeiras.gal e os premios entregaranse o vindeiro 20 de abril de 2018 nun acto público na Coruña no que o xurado dará coñecer os vídeos gañadores.

A través destes premios, Youtubeir@s fomenta a creatividade con temas propios ao tempo que xera referentes en galego dun novo axente con gran repercusión social dende o mundo dixital como son os/as youtubeir@s. Asociado ao premio inclúense unha serie de programas formativos que se desenvolverán nos concellos e nas universidades organizadoras en forma de obradoiros que impartirá a produtora Illa Bufarda con especial atención ás persoas maiores de 50 anos non familiarizadas coas novas tecnoloxías.

A nova convocatoria promóvena os servizos de normalización lingüística das tres universidades galegas, de nove concellos (Baña, Ames, Carballo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago, Teo e O Grove) e a Deputación da Coruña.

Los préstamos crecen y sus condiciones bajan.

Los préstamos online en verano tienen un incremento en su...

Cómo la tecnología influencia el sector de la moda

La tecnología ha facilitado muchas cosas para hacer la vida...

Primera demanda judicial contra Twitter Spain SL por suspender cuentas sin justificación ni revisión

Al Juzgado de 1ª Instancia de Madrid (DEMANDA) SOLICITANDO MEDIDAS CAUTELARES   Dr...

La AECC denuncia ante el Consejo de Europa a la Administración de Justicia Española

Madrid, 23 de agosto de 2018   La AECC denuncia ante el Consejo de...

Business over Tapas August 23 2018 Nº 270

Editorial: Democracy is a strange animal. People, sometimes hopelessly ill-informed...

Las redes sociales: Una excelente manera de hacer publicidad

Para nadie es un secreto que las redes sociales se...

Vestle supera su primer mes con éxito

El Grupo iFOREX lanzó el pasado mes de julio su...

Cómo prepararse para una crisis empresarial

Cuando se comienza una actividad empresarial el éxito nunca está...

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi