Tras dar a   benvida ao presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, e persoas convidadas ao debate da Iniciativa Lexislativa Popular para garantir os dereitos lingüísticos das galegas e galegos  no ámbito socioeconómico, a deputada, Olalla Rodil remarcou a importancia da ILP para resolver  situacións absolutamente cotiáns como, contactar coa compañía telefónica, presentarse a unha entrevista de traballo, visitar unha escola infantil, asinar unha hipoteca, escriturar a casa, renunciar a unha herdanza nunha notaría, abrir unha conta bancaria, contratar un seguro, mercar un vehículo, consultar a páxina web de IKEA…que na practica resultan  “ accións imposíbeis de facer, en  galego”.

 

Para a deputada, son testemuñais as empresas ou compañías, galegas ou foráneas que desenvolven a súa actividade en Galiza , que proporcionan a documentación ou manteñen a relación comercial coa clientela  en lingua galega e resulta tan anecdótico o uso do galego no ámbito socioeconómico, que nos sorprende cando acontece porque o   que “debería ser normal neste país resulta exótico”.

 Esa difícil, por non dicir imposíbel tarefa de recibir unha atención oral e escrita en galego, provoca situacións de continua vulnerabilidade e indefensión para as usuarias ou consumidoras que pretenden  “asinar o contrato de aluguer en galego ou recibir o xustificante de pagamento dunha multa na lingua propia do país”.

Desde o BNG imos apoiar a toma en consideración desta iniciativa,  e contribuímos  coas nosas sinaturas a que chegase até aquí, xunto con outras 28 mil persoas. O   articulado da ILP dá amparo legal a algunha das medidas recollidas no Plan de dinamización da lingua galega no tecido socioeconómico que aprobou a Xunta de Galiza en 2016 e   desenvolve a normativa vixente a respecto da protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, Lei 2/2012,  na que se recoñece o dereito á atención oral e escrita en galego. Por outra banda,  Galiza é o único territorio do Estado con lingua de seu e  recoñecemento de nacionalidade histórica que non conta con instrumentos legais que protexan os dereitos lingüísticos da poboación galegofalante como consumidora e usuaria.

EUSKADI E CATALUNYA CONTAN  CON LEXISLACIÓN

A nacionalista fixo fincapé no recoñecemento do galego na Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos (1996) e na Carta europea de linguas minorizadas (2001) ao que sumou a obriga da  Xunta de Galiza, dende o ano 1983, de “fomentar a normalización do uso do galego nas actividades mercantís”. Euskadi, explicou Rodil,  aprobou en 2003 o Estatuto das persoas consumidoras e usuarias   para  acceder en euskera á información sobre bens e servizos. Igual acontece desde a aprobación da Lei do Código de Consumo de Catalunya en 2010. Por certo, lei “recorrida polo Estado español ante  o Tribunal Constitucional con sentenza favorábel á Generalitat en 2017. “Di moito do Estado no que vivimos que un Goberno recorra por inconstitucionalidade o dereito dos cidadáns a ser informados na súa lingua, a recibir documentación na súa lingua ou a asinar contratos nela”, apostilou.

O PP VOLVE A REXEITAR O CONSENSO LINGÜÍSTICO E VETA A VOZ DE 28.000 PERSOAS

A parlamentaria  do BNG lamentou que o voto en contra do PP impedira a tramitación  dun texto legal que permitiría avanzar na garantía dos dereitos lingüísticos e   deixar atrás a discriminación e  trato desigual das  persoas galegofalantes.

“O PP mantén a súa oposición á lingua galega cunha  política contraria á súa plena normalización no ámbito socioeconómico como xa fixo no ensino coa aprobación do decretazo no ano 2010. Hoxe o PP tiña a oportunidade de recuperar o consenso lingüístico mais ficou claro que cada vez está máis lonxe del”.

Co seu rexeitamento á toma en consideración da ILP, “o rodillo do Partido Popular veta a voz das máis de 28 mil persoas que dando apoio á iniciativa demandaban a súa tramitación na Cámara”, concluíu Rodil.

Premio George Campbel del Aula María Zambrano UMA-ATECH para Verónica Membrive de la UAL

Verónica Membrive, profesora e investigadora del Departamento de Filología de...

La seguridad de los casinos evoluciona con la tecnología

La vida es constante evolución y lo que no avanza...

La estrategia más efectiva en los negocios: ser creativos

Cada día aparecen nuevos avances que obligan a las empresas...

¿Cómo invertir en tu propio futuro?

Hoy en día y con los tiempos que corren resulta...

Para las Navidades, actuales y venideras

La navidad es una época centrada en celebrar el nacimiento...

Cómo cambiar la percepción que el público tiene de tu marca

Mantener una buena reputación de cara al público es muy...

Los primeros regalos navideños

Los regalos navideños generan y reafirman los lazos de amistad...

Trabajos verticales con calidad profesional en Sevilla

Prolongar el rango de vida útil de los acabados en...

APÓYATE EN LOS EXPERTOS PARA TENER UNA BODA DE ENSUEÑO

Planificar una boda combina dos aspectos opuestos; por una parte...

Otros articulos relacionados.....