CCOO sinala que dende a inauguración do edificio, hai 7 meses e a pesares das medidas adoptadas, tras as denuncias sindicais, para evitar caídas, estas estanse a amosar insuficientes, debido en gran medida ás deficiencias na construción.

28-09-2015.- Hoxe ao redor das 14:00 h. unha usuaria do edificio xudicial caeu ao tropezar nunha baldosa desnivelada na explanada que da acceso ao mesmo tendo que recorrer á intervención do 061 que a trasladou ao CHUO.

CCOO ven denunciando dende a inauguración do novo edificio xudicial, as numerosas deficiencias detectadas tanto no interior, coma no exterior da sede xudicial e que tantos problemas están ocasionando aos traballadores e traballadoras e aos usuarios.

Queremos lembrar que no exterior do xulgado producíronse neste sete meses numerosas caídas, precisando moitas delas a intervención do 061.

Despois das demandas sindicais, as medidas adoptadas pola administración para evitar estes accidentes, amósanse claramente insuficientes ao non conseguir evitar este tipo de situacións. A xuízo de CCOO, vai ser difícil chegar ao risco cero, xa que o conxunto da obra ten problemas estruturais ou defectos na construción, concretamente, neste caso, unha baldosa que sobresae do chan, foi a causante do accidente de hoxe.

CCOO lamenta, que despois dos mais de 18 millóns de euros invertidos neste edificio que non contentou a ninguén, nin traballadores, nin colectivos profesionais, nin usuarios, aínda se sigan producindo estas situacións que poñen en risco a integridade física das persoas. Moito nos tememos que para arranxar esta desfeita haxa que seguir enterrando cartos no novo edificio xudicial de Ourense.{jcomments on}

Planes de futuro: la maternidad, una etapa emocionante

Ser madre es el sueño de muchas mujeres, pero hay...

SERÁ OBLIGATORIO SABER CASTELLANO PARA SER PRESIDENTE DE LA COMUNIDAD

COMUNIDAD DE PROPIETARIOS DE MÁLAGA APRUEBA LA NECESIDAD DE SABER...

Un evento debe contar con una organización de primera

  Organizar un evento requiere pensar en cada uno de los...

¿Qué productos elegir para cada tipo de piel?

Para el cuidado de la salud, la belleza, el cuidado...

Análisis de la conducta de los presuntos expertos en analizar conductas

Perspectiva metapericial de informes y dictámenes policiales y privados Dr. (PhD)...

Alquilar un despacho en Zaragoza, una gran idea para empezar el año

Es una opción perfecta para mejorar la gestión de microempresas...

El invento que multiplicó el conocimiento

Los libros se convirtieron en la mejor forma de divulgación...

La nueva ayuda de Dropshipping, las redes sociales

Hoy día, dada la existencia de un negocio online tan...

La traducción, clave para una buena comprensión

La comprensión es lo que motiva a las personas a...

Otros articulos relacionados.....