Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Natalia CarouBaía Edicións, Pousada das Ánimas e Barbantia teñen o pracer de convidar ao seu medio ao acto de presentación da novela A Cova da Moura (editada por Baía Edicións na súa colección Meiga Moira e ilustrada por Jose Gimeno), de Natalia Carou Figueira, que terá lugar o vindeiro martes 16 de maio, a partir das 20:30 horas, na Pousada das Ánimas (Rúa Pablo Iglesias, 14 – Boiro).

 

                No acto, ademais da autora, intervirán Suso Santamaría (A Pousada das Ánimas),  Xoán Pastor Rodríguez (Asociación Cultural Barbantia) e Belén López Vázquez (Directora editorial de Baía Edicións), e contará co acompañamento do grupo musical Barahunda, integrado por Helena Alfonso e José Lara Gruñeiro, que interpretarán algunhas das pezas medievais incluídas no seu último álbum, Múdanse os Ventos.

Información autora:

Naceu en Boiro, en 1974. Cursou estudos de Graduado Social na Universidade da Coruña e compaxina o seu traballo como asesora empresarial, coa paixón pola lectura e a escritura. Escribe relatos, contos breves e tamén novelas.

En 2012 publica a súa primeira novela en galego, http://baiaedicions.gal/o-alento-nas-costas.html">O Alento nas Costas (Baía Edicións), destinada ao público xuvenil.

Mariposas Tristes (HarperCollins-HQÑ Narrativa 2017) é unha novela en castelán para todo tipo de lectores.

http://baiaedicions.gal/infantil-xuvenil/meiga-moira-lecturas-12-16-anos/a-cova-da-moura.html?___SID=U">A Cova da Moura é a súa terceira novela.

Sinopse:

Malena e Mateo, o seu antigo profesor da facultade de Historia, son os encargados do anteproxecto de restauración do castelo de Soutomaior. Durante a súa visita atopan por casualidade un manuscrito dunha moza chamada Cleofar, que habitou no castelo no século XVI nun misterioso lugar chamado a Cova da Moura, onde relata os abusos que sufriu a mans do señor do castelo, don Pedro de Soutomaior, neto do infame Pedro Madruga.

Atopar ese lugar será algo primordial antes de devolveren as chaves do complexo. A Cova da Moura garda no seu seo un material valiosísimo que poñerá de manifesto a verdadeira personalidade e identidade dos habitantes do castelo.

As dificultades de Cleofar para entrar no castelo e cobrarse vinganza pola afronta sufrida, a súa infancia na aldea de Seredia e a súa difícil vida na Cova da Moura, mestúranse dun xeito paralelo coas vivencias de Malena e Mateo: as tráxicas circunstancias da infancia de Malena, a relación existente entre os protagonistas e a ambición de Mateo.

A fin de axilizarmos o seu traballo e, por se resulta do seu interese, achegamos o teléfono de Natalia Carou: 630 410 293.

 

Reciban un atento e afectuoso saúdo e o noso agradecemento pola atención prestada este comunicado.

Belén López Vázquez, directora editorial de Baía Edicións (607 185 164)

Business over Tapas June 21 2018 Nº 261

21-06-2018 Votos:37 Mundo Celta por José Antonio Sierra Xornal de Galicia

Editorial: Pedro Sánchez appears not to be enjoying the usual... .+

El presidente electo de Colombia debe explicar la campaña en Google ADWORDS con transparencia

19-06-2018 Votos:61 Jurídico Xornal de Galicia

Dr. (PhD) Miguel Gallardo perito judicial forense Tel.  902998352 E-mail:... .+

Amanda Seibel presenta en Galicia su nuevo libro

18-06-2018 Votos:87 Comunicados Xornal de Galicia

La literatura erótica nunca pasa de moda, sin embargo ocasionalmente... .+

APEDANICA investiga a partidos políticos como PPDEGALICIA.COM en campañas electorales tramposas

17-06-2018 Votos:73 Jurídico Xornal de Galicia

Dr. (PhD) Miguel Gallardo perito judicial forense Tel.  902998352 E-mail:... .+

China amplía la red de centros para realizar el examen de español SIELE

15-06-2018 Votos:58 Lenguas Minoritarias y Coficiales por José Antonio Sierra Xornal de Galicia

  Ceremonia de entrega de la acreditación SIELE al Instituto Seredu... .+

Caso eólico con orden de detención a un acusado y los imputados exdirector general de Industria y Energía del Gobierno d…

13-06-2018 Votos:444 Energías Xornal de Galicia

El magistrado que preside el tribunal de jurado encargado de... .+

Di adiós a tus problemas bucales

11-06-2018 Votos:119 Comunicados Xornal de Galicia

  El implante dental ha ganado mucha importancia durante los últimos... .+

ERRORES JUDICIALES al Tribunal Constitucional en RECURSO DE AMPARO contra estereotipos

11-06-2018 Votos:110 Jurídico Xornal de Galicia

RECURSO DE AMPARO   AL TRIBUNAL CONSTITUCIONAL   DOÑA GLORIA ARIAS ARANDA procuradora de... .+

Business over Tapas June 7 2018 Nº 260

07-06-2018 Votos:169 Mundo Celta por José Antonio Sierra Xornal de Galicia

*Next week, Business over Tapas is taking a break. We... .+

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi