FUNDACIONFREMSSAs organización sindicais CIG, CCOO, UGT e CSI•F denuncian a situación de emerxencia que o goberno da Xunta levou ó Servizo Público de Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF), co desmantelamento paulatino do SPDCIF a través das súas políticas de disgregación dunha parte do dispositivo e a privatización doutra.

A irresponsable fragmentación levada a cabo pola Consellería do Medio Rural e Mar do dispositivo de prevención e extinción de incendios forestais, a través dun complexo entramado de organismos, empresas e institucións, está prexudicando gravemente a eficiencia do que sempre foi un servizo público de contrastada eficacia coa única fin de servir a escuros intereses económicos e electoralistas.

Dende as OOSS asinantes queremos poñer en coñecemento da opinión pública que a precarización das condicións de traballo, a falta de medios, tanto materiais coma humanos, así como a inestabilidade laboral e profesional a que o goberno da Xunta quere condenar os profesionais do SPDCIF, pon en grave risco a capacidade do servizo nas tareas de extinción e prevención de incendios e supón unha gravísima neglixencia por parte dos seus responsables.

Asemade, poñemos en coñecemento da opinión pública que nestes últimos 6 anos todas as peticións de diálogo e negociación feitas dende as organización sindicais caeron en “saco roto”, obtendo sempre o silencio como resposta.

Por todo elo, vimos de presentar no día de hoxe unha solicitude a la Sra. Conselleira do Medio Rural e Mar esixindo a apertura dunha mesa de negociación na que abordar de forma urxente os problemas actuais do SPDCIF. Nese escrito, se lle comunica que no caso de non recibir resposta positiva a esta oferta de diálogo antes do 15 de xullo, dende CIG, CCOO, UGT e CSI•F nos veremos na obriga de iniciar mobilizacións e actos reivindicativos na defensa dun servizo esencial para os intereses de Galicia.

 

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2015

 

As organización sindicais CIG, CCOO, UGT e CSI•F vimos de presentar no día de hoxe unha solicitude á Conselleira do Medio Rural e Mar esixindo a apertura dunha mesa de negociación na que abordar de forma urxente os problemas actuais do SPDCIF. Nese escrito, se lle comunica que no caso de non recibir resposta positiva a esta oferta de diálogo antes do 15 de xullo, nos veremos na obriga de iniciar mobilizacións e actos reivindicativos na defensa do noso Servizo.

As OOSS xunto con Apropiga levamos feitas varias reunións co obxecto de buscar solucións ós problemas actuais que afectan o SPDCIF; precarización das condicións de traballo, falta de medios, tanto materiais coma humanos, inestabilidade laboral e profesional, etc. Todo elo pon en grave risco a capacidade do servizo nas tarefas de extinción e prevención de incendios e supón unha gravísima neglixencia por parte dos seus responsables.

Entre outros acordos, pactouse a realización de asembleas informativas, xestionadas polos diferentes comités de empresa, de cara a consecución da máxima participación do persoal do SPDCIF no actos reivindicativos que se convoquen. Asemade, pactouse a remisión dun escrito conxunto á Conselleira dándolle de prazo ata o 15 de xullo para a apertura dunha mesa de negociación con compromisos expreso de solución das reivindicacións básicas do colectivo que, de nos ser atendido, marcará o inicio dun calendario de mobilizacións.

As reivindicacións básicas sobre as que esiximos solución son as seguintes:

  • Cobertura de vacantes
  • Convocatoria da Oferta Pública de Emprego
  • Estabilidade Laboral e profesional. Modificación Decreto de listas.
  • Recoñecemento da categoría de Bombeiro Forestal.

As organización sindicais CIG, CCOO, UGT e CSI•F, xunto con Apropiga, facemos un chamamento a todos os compañeiros do SPDCIF para que participen activamente en las asembleas e nas mobilización que se convoquen. É responsabilidade de tod@s a defensa do Servizo.

 

 

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2015

 

 

CSI•F         UXT       CCOO         CIG

 

 

CSI•F         UXT       CCOO         CIG

Lo que necesitas saber sobre el turismo deportivo

¿Quieres unas vacaciones diferentes este año? El turismo deportivo es...

Aumenta el número de jugadores online

Hace unos años, nos parecía que el mundo del deporte...

El ex periodista de El País, Javier Ayuso, según el fiscal anticorrupción Miguel Serrano esta “protegido por la Ley de S…

Javier Ayuso Manuel Cerdán 20/02/201906:50 El fiscal anticorrupción Miguel Serrano prohibió al ex comisario José Villarejomencionar...

Apostando la suerte en las mejores páginas online

Aunque la suerte sea el factor más importante en el...

Qué limitaciones tiene estar en una lista de morosos

Dificultades para acceder a financiación, imposibilidad de cambiar de compañía...

Una hemeroteca virtual con miles de noticias sobre el español

Lengua y Prensa es un proyecto coordinado por Francisco M...

Planes de futuro: la maternidad, una etapa emocionante

Ser madre es el sueño de muchas mujeres, pero hay...

SERÁ OBLIGATORIO SABER CASTELLANO PARA SER PRESIDENTE DE LA COMUNIDAD

COMUNIDAD DE PROPIETARIOS DE MÁLAGA APRUEBA LA NECESIDAD DE SABER...

Otros articulos relacionados.....