O Ministerio de Agricultura vén de publicar un aviso mediante o cal insta a cumprir novos trámites ás persoas beneficiarias das axudas destinadas a compensar as dificultades económicas no sector lácteo, publicadas no real decreto 849/2015. En efecto, tras pasar todo o proceso burocrático necesario para obter esta axuda, agora o Ministerio anuncia que é necesario que as persoas beneficiarias realicen unha declaración responsable de non incorrido en ningunha das prohibicións previstas do artigo 13 da Lei 38/2003 da Lei Xeral de Subvencións.

Aínda que se trata dun trámite sinxelo, o feito de ter que facelo cando o proceso de solicitude e concesión estaba teoricamente rematado, é unha boa mostra da improvisación coa que o Ministerio de Agricultura está actuando na crise do sector lácteo, quizais movido polas présas que lle marcan as Eleccións Xerais de decembro. Para abondar máis neste xeito trapalleiro de facer as cousas, a aplicación informática para realizar este trámite está fallando e, por riba, nas oficinas agrarias comarcais da Galiza non saben nada desta nova esixencia do Ministerio de Agricultura.

Dende o Sindicato Labrego Galego sospeitamos que se podería tratar dunha comenencia para que máis dunha persoa beneficiaria perda a subvención por despiste; sendo malpensados, até poderiamos pensar que o Goberno quere que o pagamento da axuda coincida coa campaña electoral. Sexa cal sexa o motivo, esiximos do Ministerio de Agricultura que notifique a cada unha das persoas beneficiarias desta axuda o novo trámite, así como a disposición das oficinas agrarias comarcais para que as asesoren para solventar este novo requisito.{jcomments on}

Los préstamos crecen y sus condiciones bajan.

Los préstamos online en verano tienen un incremento en su...

Cómo la tecnología influencia el sector de la moda

La tecnología ha facilitado muchas cosas para hacer la vida...

Primera demanda judicial contra Twitter Spain SL por suspender cuentas sin justificación ni revisión

Al Juzgado de 1ª Instancia de Madrid (DEMANDA) SOLICITANDO MEDIDAS CAUTELARES   Dr...

La AECC denuncia ante el Consejo de Europa a la Administración de Justicia Española

Madrid, 23 de agosto de 2018   La AECC denuncia ante el Consejo de...

Business over Tapas August 23 2018 Nº 270

Editorial: Democracy is a strange animal. People, sometimes hopelessly ill-informed...

Las redes sociales: Una excelente manera de hacer publicidad

Para nadie es un secreto que las redes sociales se...

Vestle supera su primer mes con éxito

El Grupo iFOREX lanzó el pasado mes de julio su...

Cómo prepararse para una crisis empresarial

Cuando se comienza una actividad empresarial el éxito nunca está...

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi