Os 16 millóns de euros que levarán en concepto de axudas son insuficientes e é mentira que vaian ingresar 300 e 110 euros por vaca tal como estipula o BOE

As granxas de leite galegas deixaron de ingresar 47 millóns de euros durante os meses de abril, maio, xuño e xullo; os mesmos meses que se toman como referencia para calcular as axudas. Se ampliamos o período dende abril até a actualidade, as perdas elévanse a 82 millóns de euros. Son cálculos realizados a partir de datos como o prezo necesario para cubrir os custes de produción, amortizacións e salarios nunha explotación media galega que ofrece a Rede Nacional de Granxas Típicas (Rengrati) do Ministerio de Agricultura. Ese prezo mínimo que establece o Rengrati é de 0'349 euros. Sen embargo, o prezo medio ponderado na Galiza para os meses sinalados, segundo o Observatorio do Sector Lácteo, foron de de 0'288 € en abril, 0'284 en maio, 0'279 en xuño e 0'276 en xullo; estando as entregas totais da nosa terra en cada un deses meses ao redor das 175.000 toneladas, segundo datos do Fondo Español de Garantía Agraria. Se calculamos os cartos que ingresaron as granxas galegas segundo o prezo medio percibido, e os cartos que terían ingresado de percibir o prezo necesario para facer a actividade rendible segundo a Rengrati, os produtores e produtoras de leite na Galiza perderon case 12 millóns de euros por mes.

Á vista destes datos, o orzamento para dotar a axuda de minimis ofrecida polo Ministerio de Agricultura para as granxas de leite que menos perciben polo leite é absolutamente insuficiente, xa que só hai consignados 20 millóns de euros, dos cales, segundo o propio Ministerio, o 80% (16 millóns) serán para as granxas galegas. Dende un punto de vista xeral, estas axudas non chegan nin para cubrir 2 meses de perdas no noso sector produtor.

Indo ao miúdo, o Ministerio de Agricultura nin sequera cumpre as axudas prometidas no BOE, que consisten en dar 300 euros por vaca a aquelas explotacións que cobrasen por baixo dos 0,259 euros no segundo cuadrimestre de 2015, e de 110 euros por vaca para as que ingresasen menos de 0,285 euros por litro. En ambos casos, o tope a cobrar está fixado no BOE en 10.000 euros. Sen embargo, tras comprobar a listaxe de persoas beneficiadas, descubrimos que as de maior intensidade de axuda están a cobrar 233 euros por vaca, cando en teoría deberían cobrar 300; e 85,40 euros ás que deberían cobrar 110. En canto á contía máxima a percibir de 10.000 euros, a granxa galega que máis cobrará vai ingresar 7.765 euros. Ademais de insuficientes, estas axudas non chegarán a tódalas granxas galegas que están a atravesar dificultades, xa que a Consellaría de Medio Rural cifrou en 2.571 as explotacións na Galiza que cobraron en xullo por baixo dos 26 céntimos, mentres que a axuda de 233 euros por vaca só vai chegar a 1.882 granxas segundo o propio Ministerio de Agricultura.

Cando a ministra Tejerina fixo públicas estas axudas, dende o Sindicato Labrego Galego denunciamos que eran meros parches paliativos que non solucionaban nin esta crise nin outras futuras, xa que para nós a única maneira de enfrontar o problema dos prezos no sector lácteo é lexislar para que ningunha granxa poida cobrar valores que estean por baixo dos custes de produción, traballando para evitar que haxa excedentes que ocasionen o afundimento dos prezos e promovendo na UE iniciativas para que se regule a nivel europeo a produción de leite e o mercado.. Sen embargo, á vista da execución orzamentaria destas axudas, comprobamos que nin sequera a parches paliativos chegan, pois as perdas sufridas polas nosas granxas son moi superiores ás axudas recibidas.

O peor de todo é que o acordo do sector lácteo asinado no Ministerio de Agricultura non está a funcionar, tal e como preveu o Sindicato Labrego Galego, pois o meirande dos contratos que se asinan, estano a facer no abano dos prezos ruinosos actuais. Polo tanto, as nosas granxas seguirán aturando un nivel paupérrimo de prezos.

Diante das perdas millonarias que están a sufrir as explotacións de leite galegas e do manifesto fracaso do acordo lácteo, dende o Sindicato Labrego Galego instamos ao Ministerio de Agricultura a convocar de novo a tódolos axentes do sector para retomar as negociacións de cara a buscar fórmulas que nos permitan chegar a un acordo que contemple prezos dignos e remuneradores para os produtores e as produtoras. Xuntanzas como a que se convocará a semana que vén, só cos asinantes do acordo lácteo e sen dúas das principais organizacións agrarias do Estado, son un brinde ao sol que só servirá para perpetuar a situación crítica das nosas granxas.{jcomments on}

Robert Boyd, un irlandés en busca de la libertad en España. Por Francisco Javier Salmerón Giménez

Después de defender Cartagena y Alicante del cerco realizado por...

Telefónica del Perú y Ley N° 29733 - Ley de Protección de Datos Personales por declaraciones de Luis Vargas

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

Relaciones España-Irlanda Aula María Zambrano de Estudios Transatlánticos de la Universidad de Málaga

El Aula María Zambrano de Estudios Transatlánticos de la Universidad...

Ventajas de escoger imágenes gratis sin derechos

En la gran mayoría de proyectos, ya sea para diseñar...

Lo que necesitas saber sobre el turismo deportivo

¿Quieres unas vacaciones diferentes este año? El turismo deportivo es...

Aumenta el número de jugadores online

Hace unos años, nos parecía que el mundo del deporte...

El ex periodista de El País, Javier Ayuso, según el fiscal anticorrupción Miguel Serrano esta “protegido por la Ley de S…

Javier Ayuso Manuel Cerdán 20/02/201906:50 El fiscal anticorrupción Miguel Serrano prohibió al ex comisario José Villarejomencionar...

Otros articulos relacionados.....