Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

As catro organizacións sindicais -CIG, CCOO, UGT e CSI•F- solicitamos á Conselleira do Medio Rural e do Mar a apertura dunha mesa de negociación o 10 de xullo de 2015 na que abordar a problemática do SPDCIF cós seguintes puntos fundamentais:

1. Cobertura de vacantes 2. Convocatoria da Oferta Pública de Emprego no SPDCIF 3. Estabilidade Laboral e profesional. Modificación do Decreto de listas. 4. Recoñecemento da categoría de Bombeiro Forestal

Tras máis de dous meses sen recibir resposta e con miles de hectáreas arrasadas polos lumes, consideramos necesario esixirlle este mes de setembro, á responsable da consellería, diálogo e negociación a través dunha nova solicitude, á que non obtivemos ningunha resposta a pesar de que, os problemas do Spdcif, continúan.

A precarización nas condicións de traballo dos profesionais do SPDCIF, as inaceptables taxas de temporalidade, o elevado número de prazas vacantes sen cubrir e a negativa a recoñecer a categoría de Bombeiro Forestal, poñen en grave risco a eficacia e eficiencia dun Servizo esencial para os intereses de Galicia.

Como exemplo desta mala xestión, o día 30 de setembro serán cesados os traballadores de 3 meses –que supoñen o 23% do Spdcif- e, poucas semanas despois, o serán os traballadores de 9 meses –que supoñen o 33% do Spdcif- co cal, o 56% dos profesionais do Spdcif non estarán dispoñibles para realizar as necesarias tarefas de prevención, de vixilancia, de extinción (se é necesario) e de divulgación, durante o período invernal.

Asemade, levamos anos advertindo de que, ás políticas de disgregación progresiva dunha parte do dispositivo e a privatización doutra, están a comprometer o traballo dos profesionais na defensa do medio natural de Galicia. Lamentablemente o tempo deunos a razón e, só dous meses despois das nosas advertencias, temos como resultado que se multiplicaron por catro as hectáreas arrasadas polo lume respecto o ano 2014 (mais de 10.000 campos de fútbol), e ainda falta o pico do mes de novembro. A conclusión, polo tanto, é clara, “Un mal modelo de prevención e extinción, tivo como consecuencia unha mala campaña”.

En consecuencia, diante da irresponsable pasividade da Conselleira ás nosas peticións de diálogo e negociación, vémonos na obriga de convocar unha concentración de traballadores en Santiago de Compostela, diante da sede da Xunta de Galicia en San Caetano, o  día 1 de outubro ás 10:00 horas denunciando o desmantelamento progresivo que está a sufrir o Servizo Público de Defensa Contra Incendios Forestais.{jcomments on}

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..