A Feijóo só preocúpalle que desaparezan as mobilizacións, é un presidente ausente”, asegura o líder do PSdeG nunha explotación gandeira de Rodeiro

“Falamos dunha loita pola supervivencia, o sector necesita un prezo sostible e unha Administración que interveña e non mire para outro lado”, manifesta

Rodeiro, 17 de setembro de 2015. O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, manifestou hoxe en Rodeiro que “o que están a conseguir os gandeiros, están a conseguilo unicamente co seu esforzo, non porque a Xunta axude para solucionar os seus problemas”.

O líder do PSdeG visitou a explotación gandeira Juiz Cidre, en Rodeiro, unha das moitas que tiveron que tirar leite pola crise do sector lácteo.A Núñez Feijóo só preocúpalle que desaparezan as mobilizacións, é un presidente ausente”, asegurou.

“Falamos dunha loita pola supervivencia, o sector necesita un prezo sostible e unha Administración que interveña e non mire para outro lado, o PSdeG está e estará sempre do lado dos gandeiros, os tractores poden desaparecer das rúas pero o problema non”, afirmou.

“A Xunta nin está nin se lle espera cando tiña que liderar una solución para un sector estratéxico para Galicia, pero lamentablemente nin defende nin representa aos gandeiros”, dixo Besteiro, que lembrou que “todos sabíamos hai un ano o que pasaría, mentres Feijóo dicía que estaba todo solucionado”.

“O campo galego necesita una viabilidade e que os donos das explotacións reciban un prezo sostible por cada litro de leite, hoxe temos aquí unha testemuña directa do que pasa, da crise dun sector fundamental para a economía galega”, engadiu.

Pola súa parte, Edita Lorenzo, responsable da explotación, afirmou que “estamos moi decepcionados, non cubrimos custos e a crise é tremenda, non vemos apoio por parte da Xunta, estamos cansos e moitos vivimos das pensións da xente maior, as empresas sempre se aproveitaron de nós”.{jcomments on}

Los préstamos crecen y sus condiciones bajan.

Los préstamos online en verano tienen un incremento en su...

Cómo la tecnología influencia el sector de la moda

La tecnología ha facilitado muchas cosas para hacer la vida...

Primera demanda judicial contra Twitter Spain SL por suspender cuentas sin justificación ni revisión

Al Juzgado de 1ª Instancia de Madrid (DEMANDA) SOLICITANDO MEDIDAS CAUTELARES   Dr...

La AECC denuncia ante el Consejo de Europa a la Administración de Justicia Española

Madrid, 23 de agosto de 2018   La AECC denuncia ante el Consejo de...

Business over Tapas August 23 2018 Nº 270

Editorial: Democracy is a strange animal. People, sometimes hopelessly ill-informed...

Las redes sociales: Una excelente manera de hacer publicidad

Para nadie es un secreto que las redes sociales se...

Vestle supera su primer mes con éxito

El Grupo iFOREX lanzó el pasado mes de julio su...

Cómo prepararse para una crisis empresarial

Cuando se comienza una actividad empresarial el éxito nunca está...

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi