A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo anunciou onte o remate do bloqueo ás industrias lácteas tras cinco días de presión continuada sobre a totalidade das empresas que mercan e procesan leite na Galiza. A pesares do que están a dicir algúns medios de comunicación, non se trata do remate das mobilizacións, pois no seo da Plataforma decidimos centrar as protestas naquelas industrias e distribuidoras que se negan a chegar a ningún tipo de acordo.

Manter o bloqueo ás industrias é unha medida que implica un alto custo para a xente gandeira. Diante da presión das multas e da chegada dun gran número de antidisturbios ás inmediacións das empresas, valorouse a imposibilidade de manter este mesmo formato de mobilización, pois até o 23 de setembro non se prevé que haxa un texto definitivo para o acordo do sector lácteo. Sen ir máis lonxe, esta presión que denunciamos sobre as mobilizacións do sector lácteo traduciuse onte no atropelo dunha persoa por un camión de Reny Picot en Asturias, feito que condenamos sen paliativos dende o Sindicato Labrego Galego.

Por estes motivos, decidimos reconducir as mobilizacións levantando o bloqueo sobre a totalidade das industrias e focalizándoo, a partir de hoxe mesmo, nas empresas máis reticentes a asinar calquera tipo de acordo. Polo tanto, as mobilizacións seguen coa vista posta no 23 de setembro, data na que o Ministerio de Agricultura decidirá se acepta introducir as nosas emendas no texto final do acordo para o sector lácteo. Esas emendas son as seguintes:

  1. Retirada inmediata dos contratos á baixa.

  2. Clarificación dos índices que definan o “prezo sostible” que aparece no documento inicial.

  3. Elaboración e aprobación dun decreto de garantías que faga o acordo de obrigado cumprimento para non confialo á boa vontade das partes.

  4. Entrada en vigor dos acordos o 1 de outubro.

Dende a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo, e nós como Sindicato Labrego Galego, velaremos pola inclusión definitiva destas emendas no texto final dos acordos, do mesmo xeito que ficaremos vixiantes para que a totalidade de industrias e distribuidoras o asinen.{jcomments on}

Planes de futuro: la maternidad, una etapa emocionante

Ser madre es el sueño de muchas mujeres, pero hay...

SERÁ OBLIGATORIO SABER CASTELLANO PARA SER PRESIDENTE DE LA COMUNIDAD

COMUNIDAD DE PROPIETARIOS DE MÁLAGA APRUEBA LA NECESIDAD DE SABER...

Un evento debe contar con una organización de primera

  Organizar un evento requiere pensar en cada uno de los...

¿Qué productos elegir para cada tipo de piel?

Para el cuidado de la salud, la belleza, el cuidado...

Análisis de la conducta de los presuntos expertos en analizar conductas

Perspectiva metapericial de informes y dictámenes policiales y privados Dr. (PhD)...

Alquilar un despacho en Zaragoza, una gran idea para empezar el año

Es una opción perfecta para mejorar la gestión de microempresas...

El invento que multiplicó el conocimiento

Los libros se convirtieron en la mejor forma de divulgación...

La nueva ayuda de Dropshipping, las redes sociales

Hoy día, dada la existencia de un negocio online tan...

La traducción, clave para una buena comprensión

La comprensión es lo que motiva a las personas a...

Otros articulos relacionados.....