Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

ana lumes 300x225A portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda denuncia a ausencia dunha política preventiva de incendios da Xunta e do Estado e reclama protección da Rede Natura para condicionar os fondos europeos a unha política de prevención realista.

A Portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda presentou, a través da coalición “Os Pobos Deciden” unha iniciativa urxente dirixida á Comisión Europea para alertar da “gravísisima situación que vive Galiza” coa vaga incendiaria dos últimos días e reclama da Comisión Europea esixir maior protección á Xunta e ao Estado dos espazos da Rede Natura 2000.

O BNG transmitiu ao Executivo comunitario novamente a traxedia que afecta a Galiza, e que os incendios rexistrados estes días está a ter “consecuencias catastróficas” que afectan gravemente á disposición dos recursos forestais e naturais, e dada a recorrencia coa que suceden, explica Ana Miranda, “son causa dun severo dano crónico nas condicións ecolóxicas e de biodiversidade”.

Os gobernos da Xunta, español e europeo fracasan nas políticas contra os incendios

rosaquintanasinmascaraNa iniciativa parlamentar, a nacionalista denuncia que son poucos os territorios de Europa que sofren tal repetición de lumes, circunstancia que evidencia, ao seu entender, “o fracaso absoluto” do deseño e aplicación das medidas de xestión despregadas polos Gobernos galego, español e europeo.

Galiza ten un tipo de condicións climáticas e fitoxeográficas que xeran en ciclos moi curtos grandes cantidades de biomasa, polo que constitúe dentro do continente europeo unha das nacións de maior risco por incendio, fenómeno que ademais vese agudizado cos efectos da mudanza climática.

Os Gobernos galego e español, no canto de situar o foco de atención en accións que tenten reducir o risco mediante accións preventivas programadas a curto, medio e longo prazo, “afánanse en adicar o continxente de recursos a custosas medidas de extinción”, así como desviar a atención en desviar a atención sobre o feito de que Galiza, dentro de Europa, conta cunha maior presenza de pirómanos e supostas tramas incendiarias.

A Rede Natura gravemente afectada polos incendios

Ana Miranda denuncia o fracaso do modelo de prevención de loita contra o lume, que se agrava aínda máis nos espazos protexidos da Rede Natura 2000, xa que estas áreas europeas aparentemente protexidas polo seu alto valor ecolóxico, e que a priori contarían con plans e programas específicos para garantir maiores cautelas de protección, padecen importantes lumes que son catastróficos no territorio galego.

O BNG transmite nesta iniciativa europea que no que vai do 2015 arderon en Galiza 1.885.92 hectáreas de Rede Natura 2000 repartidos en 9 Zonas de Especial Protección (ZEC) (segundo os datos oficiais que poden ser incluso o dobre segundo fontes de organizacións ecoloxistas). Tan só neste presente mes de agosto, explica a portavoz do BNG en Bruxelas, queimáronse 1.650 hectáreas. Os ZEC afectados son: Os de Pena Trevinca, Pena Maseira, Ancares-Courel, Baixa Limia, Macizo Central, Serra do Careón, Sobreirais do Arnego, Sistema Fluvial Ulla-Deza. De especial preocupación é o que acontece na Baixa Limia que acumula ata 4 lumes no que vai de ano, ou os enormes lumes nos Ancares e no Courel, cuns danos graves sobre Hábitats Prioritarios e para especies ameazadas coma o oso, o lobo ou a aguia real.

A nacionalista reclama á Comisión Europea instar aos Gobernos galego e do Estado revisar o modelo de planificación e xestión dos incendios en Galiza e que condicione os fondos europeos da Rede Natura 2000 a unha “efectiva, urxente e realista protección desta rede europea”. Ana Miranda lémbralle á Comisión que a información que está transmitindo a Xunta nestes días de incendios gravísimos non é a axeitada.

Para a deputada, a Xunta ademais de aplicar unha política fracasada, evita asumir responsabilidades e centra toda a atención na consideración de que en Galiza existe “un número inusual de pirómanos e tramas incendiarias”.

APEDANICA pide transparencia al Defensor de Pueblo y cuestiona conflictos de intereses de abogados

16-08-2018 Hits:35 Jurídico Xornal de Galicia

Dr. (PhD) Miguel Gallardo perito judicial Teléfono  902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación... Read more

Business over Tapas August 16 2018 Nº 269

16-08-2018 Hits:45 Mundo Celta por José Antonio Sierra Xornal de Galicia

Editorial: While we shudder quietly over the story in The... Read more

Business over Tapas August 9 2018 Nº 268

09-08-2018 Hits:129 Mundo Celta por José Antonio Sierra Xornal de Galicia

Editorial: All these immigrants washing ashore, hiding in the glove-box... Read more

Prestamos online, la ayuda de moda en verano.

08-08-2018 Hits:108 Comunicados Xornal de Galicia

Los préstamos online en verano tienen un incremento en su... Read more

Muestra del Dialecto Barranqueño. Sus rasgoscaracterísticos sin establecer relaciones de covariación entre hechos lingii…

08-08-2018 Hits:86 Lenguas Minoritarias y Coficiales por José Antonio Sierra Xornal de Galicia

Náo Náo Náo tem aquilo ¡it parece que aquilo agora... Read more

Claves de sistema judicial LexNET objeto de extorsión a abogado en denuncia al CNI y Ministerio de Justicia

07-08-2018 Hits:104 Jurídico Xornal de Galicia

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO JUDICIAL Tel. (+34)  902998352 E-mail:... Read more

¿Cual es la mejor opción para vender un coche?

03-08-2018 Hits:119 Comunicados Xornal de Galicia

  Cualquier propietario de un coche, sabe por regla general que... Read more

Guardia Civil investiga pagos de la Generalitat de Catalunya a Google por el Procés y referendum 1-O

02-08-2018 Hits:152 Jurídico Xornal de Galicia

Dr. (PhD) Miguel Gallardo perito judicial Teléfono  902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación... Read more

Business over Tapas August 2 2018 Nº 267

02-08-2018 Hits:131 Mundo Celta por José Antonio Sierra Xornal de Galicia

Editorial: We were going to run an editorial on the... Read more

anunciobannerabogadoscontralacorrupcion2


Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi