As organización sindicais CIG, CCOO, UGT e CSIF, queren transmitirlle a opinión pública en relación a vaga de lumes que está asolando Galicia, as seguintes consideracións:

1.- Lamentar que Galicia sexa un ano mais noticia polo temas dos incendios forestais, así como condenar as presuntas prácticas intencionadas ou por outros motivos que están provocando que este ano xa haxa mais de 7.000hectáreas de monte queimas (o equivalente a 7.000 campos de Fútbol).

2.- Apoiar ao persoal do SPDCIF, que con medios precarios, con falta de plantilla, pero con dedicación, compromiso e profesionalidade estan evitando que se teñan queimado moitas mais hectáreas de monte.

3.- Denunciar que os datos que anuncia a Conselleira de Medio Rural, en relación aos o Plan de Incendios Forestais de Galicia (PLADIGA), non se corresponden coa realidade. Os datos reais son que o dispositivo da Xunta conta nestes momentos 2.812 traballadores, fronte ao dato que aparece nas estatísticas oficiais de 3.952 (1.140 traballadores menos: 177 no SPDCIF, 73 en SEAGA e 890 dos Concellos).

A conclusión é que a Consellería ou non dia verdade ou está sendo enganada polos responsables do seu departamento.Ou dimite ou ten que cesalos a todos/as.

4.- Esiximos a convocatoria inmediata dunha mesa de negociación para tratar con carácter urxente os seguintes temas:

- CONVOCATORIA DUNHA OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO E COBERTURA DE VACANTES

- RECOÑECEMENTO DA CATEGORÍA DE BOMBEIRO FORESTAL

- DEFENSA DO SERVIZO PÚBLICO ÚNICO E PROFESIONAL

Consideramos grave que o operativo de loita contra os incendios forestais siga, cada vez mais fragmentado en múltiples colectivos que operan descoordinados e en moitos casos sen equipamentos, sen experiencia e baixo mandos diferentes (brigadas municipais, brigadas de Tragsa, brigadas de Natutecnia, a UME, brigadas de SEAGA,.........). Seguimos demandando un gran pacto social (partidos políticos, axentes sociais, colectivos medioambientais, propietarios, industria, etc....), para quitar o tema dos incendios forestais da loita partidista, e acadar un gran pacto a favor do monte galego, para poñer en valor o “ouro verde” que temos en Galicia.

JJpD. EXIGIMOS DIMISIÓN INMEDIATA DEL PRESIDENTE DE LA SALA III DEL T.S

El pasado jueves 18 de octubre se dio a conocer...

La legalización de la prostitución: de nuevo en la mesa de debate

Mucho ha llovido desde la primera vez que este tema...

Business over Tapas Tuesday October 9 2018 Nº 273

Editorial: As we read of the furore regarding Judge Brett...

Business over Tapas October 4 2018 Nº 272

Editorial: Stung in some way by the hostility of the...

61.480 estructuras mayas escondidas en la jungla de Guatemala

Un vasto sondeo realizado con una novedosa tecnología de rastreo...

Los préstamos crecen y sus condiciones bajan.

Los préstamos online en verano tienen un incremento en su...

Cómo la tecnología influencia el sector de la moda

La tecnología ha facilitado muchas cosas para hacer la vida...

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi