Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Esquerda Unida manifesta o seu total rexeitamento ao despido colectivo que pretende levar a cabo Banco Pastor-Popular e reclama o mantemento destes postos de traballo. De saír adiante, o ERE afectaría a unhas 3.000 persoas en todo o Estado, tendo especial repercusión en Galicia, onde afectaría a unha de cada catro persoas do grupo, en torno a uns 450 empregadas/os.

O secretario de Organización de Esquerda Unida e concelleiro de Marea de Vigo, Rubén Pérez, critica “a conducta obscena” dun Banco que, “a pesar de obter beneficios, decide desfacerse rapidamente de boa parte do seu persoal. Concretamente, a cidade que sufrirá máis recortes e terá un maior número de peches de oficinas será Vigo”. “Neste senso, manifestamos tamén unha gran preocupación polas condicións laborais de precarización das empregadas/os que seguen a traballar alí”, incide.

Doutra banda, Rubén Pérez rexeita “o intento da empresa e dos medios de comunicación de poñer o foco de atención nos despidos que afectan a maiores de 59 anos e directivos, pois 200 persoas en Galicia e 1.200 no Estado non pertencen a estes colectivos”, explica.

Dende Esquerda Unida rexeitamos o despido colectivo que quere levar a cabo o Banco Pastor-Popular e subliñamos o impacto negativo que terá este ERE en Galicia tanto para as traballadoras como para a poboación usuaria.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..