cid part2 09000905 08040504adegaDirectrices do novo Plano Forestal: un proceso trucado e unhas propostas á medida de ENCE

 

A finais de 2014 a Consellería do Medio Rural acordou elaborar unhas propostas para a revisión do Plano Forestal de Galiza, vixente dende 1992. Para tal fin criouse no Consello Forestal un grupo de traballo que se reuníu durante 2015. Finalmente elaboráronse unhas directrices, resultado dun inquérito deseñado por dous coordenadores propostos pola Consellaría.  
Esta metodoloxía de traballo, restinxida aos membros do Consello Forestal e con excesiva presenza do sector da madeira (20 dos 25 membros), tentou ser superada mediante o compromiso inicial de incorporar ao documento os resultados das consultas aos colectivos externos. Perante o incumprimento deste acordo, organizacións como a ORGACCM presentes no Consello Forestal, permearon ao resto das entidades que vivimos, xestionamos e traballamos no medio rural os documentos de traballo, trasladando no seu nome as conclusións.

 

Xa que logo, as directrices inicialmente aprobadas non son nen representativas do sector, nen democráticas, nen produto dun consenso entre todos os sectores relacionados co monte e co medio rural. Na opinión das organizacións asinantes, as directrices para a revisión do Plano Forestal de Galiza resultado deste proceso teñen tres obxectivos claros:  

  1. Eliminar o carácter xermánico das titularidades veciñais e privatizar a súa xestión: Por exemplo, mediante a entrega ás empresas forestais, através dos mal chamados contratos de xestión pública, das terras comunitarias de balde, aplicando as falsas e inxustas débedas dos consorcios e convenios. Ou seguir considerando ás comunidades de montes como suxeitos pasivos no Imposto de Sociedades, como se foran meras empresas mercantís.  
  2. Apostar pola produción de madeira con pouco valor engadido, a biomasa forestal e os cultivos enerxéticos: Por exemplo, mediante o mantemento das subvencións públicas ao eucalipto, consolidando o Eucaliptus globulus e permitindo que o Eucaliptus nitens (especie introducida polos intereses económicos de ENCE), só poidan substituirse polo E. globulus. Ou a forestación de terras agrícolas e a falla de iniciativas para recuperar a superficie agrícola usurpada, alén de abrir a porta ao uso masivo da biomasa forestal e os cultivos enerxéticos para producir electricidade (o outro negocio de ENCE).  
  3. Priorizar a produción forestalista favorecendo a degradación ambiental: Por exemplo mediante a intensivización da produción con monocultivos de especies alóctonas, o aproveitamento dos bosques de ribeira ou o uso masivo de agrotóxicos, esquecendo a o obxectivo de conservar os solos e mitigar os impactos do cambio climático. 

En resumo, a política de montes do Partido Popular foi e pretende seguir sendo totalmente forestalista. Baseada na plantación indiscriminada, non contempla os outros usos do monte e certifica a perda da paisaxe en mosaico tradicional galega. O novo Plano Forestal seguirá a provocar a perda de solos e a persistencia dos incendios forestais, que seguirán a degradar os ecosistemas e a fosilizar enormes cantidades de cartos públicos.  
O documento hipoteca o futuro dos montes galegos e coarta a consecución dun medio rural multifuncional e sustentábel. Ataca aos montes veciñais e agrede aos ecosistemas e á poboación que vive neles. Xa que logo, as entidades asinantes, organizacións que vivimos, xestionamos ou traballamos no medio rural, rexeitamos estas directrices e esiximos á Xunta a súa devolución.  
Asinan:
ADEGA, AMIGOS DA TERRA, APDR, APROPIGA, CIG, COMITÉ EN DEFENSA DO MONTE GALEGO, FEG, FRUGA, ORGACCMM, OVICA, SLG, SOS COELLO DE MONTE, UNITEGA

Descargas

¿Dónde se pueden estudiar las lenguas cooficiales de España en Andalucía?

:CON MOTIVO DE LAS PRÓXIMAS ELECCIONES GENERALES ASÍ COMO AL...

Robert Boyd, un irlandés en busca de la libertad en España. Por Francisco Javier Salmerón Giménez

Después de defender Cartagena y Alicante del cerco realizado por...

Telefónica del Perú y Ley N° 29733 - Ley de Protección de Datos Personales por declaraciones de Luis Vargas

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

Relaciones España-Irlanda Aula María Zambrano de Estudios Transatlánticos de la Universidad de Málaga

El Aula María Zambrano de Estudios Transatlánticos de la Universidad...

Ventajas de escoger imágenes gratis sin derechos

En la gran mayoría de proyectos, ya sea para diseñar...

Lo que necesitas saber sobre el turismo deportivo

¿Quieres unas vacaciones diferentes este año? El turismo deportivo es...

Aumenta el número de jugadores online

Hace unos años, nos parecía que el mundo del deporte...

Otros articulos relacionados.....