OS SOCIALISTAS CENSURAN QUE FEIJÓO “NEGUE A UNHA MULLER A PRESUNCIÓN DE INOCENCIA QUE RECLAMA PARA OS SEUS”

Beatriz Sestayo critican que mentres pide respecto para Baltar, acuse á muller que o denunciou de pretender que o político do PP delinquira

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 15. A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, advertiu hoxe a “estrema gravidade” das declaracións do presidente da Xunta sobre as acusacións dunha muller contra o presidente da Deputación de Ourense presuntamente por ofrecer traballo a cambio de sexo. Sestayo criticou que o presidente da Xunta “negue a unha muller (a presunción de inocencia) que reclama para os seus”.

Na comparecencia do vicepresidente do goberno galego, Sestayo instou a quen é o máximo responsable da Xustiza galega a ratificar as declaracións de Feijóo polas que “pide respecto para Baltar ao tempo que acusa á muller que o denunciou” de pretender que o político do PP delinquira, malia o que supostamente “non o logrou”.

Sestayo advertiu que, á marxe das responsabilidades xudiciais derivadas para o máximo representante do PP de Ourense, “Baltar ten unha responsabilidade política clara” diante deste caso, á que o presidente do goberno galego responde cunhas “lamentables declaracións”.

A deputada socialista respondeu a este caso propoñendo un “Pacto contra a violencia de xénero en tódalas institucións” co obxectivo de garantir medidas eficaces de prevención e unha “actuación diaria” na loita contra esta lacra. Reclamou tamén o seguimento posterior das vítimas e os menores implicados que, advertiu, “non figuran na relación de vítimas da Xunta e do goberno central”.

Beatriz Sestayo instou a acadar “mais coordinación para evitar a revitimización” e situacións como as que se dan en Galicia, onde unha vítima “ten que facer ata 7 veces a mesma declaración diante de organismos diferentes antes de acceder a unha axuda”. Alertou da descoordinación entre os departamentos de Xustiza e Violencia de Xénero, á que se une a paralización da creación dos xulgados de Violencia de Xénero.

Sinalou que malia ao moderado incremento dos orzamentos en materia de Igualdade, estes non son suficientes para recuperar a redución do 70 por cento imposta dende o ano 2009. Ademais, sinalou, o “pretendido incremento” prodúcese “a cosa de subvencións electoralistas para favorecer a colectivos identificados co ideario político do PP, como a Rede Madre”.

Xustiza

A deputada socialista desmentiu que o goberno galego teña avanzado no Plan de Infraestruturas de Xustiza, cuns orzamentos, dixo, que no 60 por cento corresponden a partidas “de repetición”, que se volven presentar “como consecuencia de non ter executado os orzamentos anteriores”.

Criticou tamén a “falla de execución” nos orzamentos destinados aos servizos de Emerxencias de Galicia, que “diante do caos e a desorganización, o que fan é chegar a fin de ano e dotar a Protección Civil de vehículos” para disfrazar o incumprimento dos seus orzamentos.

Cualificou ademais de “mal xesto” que o goberno galego “non asuma a totalidade” das sentenzas xudiciais emitidas polos tribunais galegos sobre a devolución das pagas extra e outros dereitos dos empregados públicos de Galicia, que non aparecen nos orzamentos para 2016.

Finalmente, sinalou que nos orzamentos para 2016 “non aparecen as partidas do programa de refuxiados” do goberno galego que en anteriores exercicios “non se puideron rematar pola falla de orzamentos da Xunta de Galicia”.{jcomments on}

Robert Boyd, un irlandés en busca de la libertad en España. Por Francisco Javier Salmerón Giménez

Después de defender Cartagena y Alicante del cerco realizado por...

Telefónica del Perú y Ley N° 29733 - Ley de Protección de Datos Personales por declaraciones de Luis Vargas

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

Relaciones España-Irlanda Aula María Zambrano de Estudios Transatlánticos de la Universidad de Málaga

El Aula María Zambrano de Estudios Transatlánticos de la Universidad...

Ventajas de escoger imágenes gratis sin derechos

En la gran mayoría de proyectos, ya sea para diseñar...

Lo que necesitas saber sobre el turismo deportivo

¿Quieres unas vacaciones diferentes este año? El turismo deportivo es...

Aumenta el número de jugadores online

Hace unos años, nos parecía que el mundo del deporte...

El ex periodista de El País, Javier Ayuso, según el fiscal anticorrupción Miguel Serrano esta “protegido por la Ley de S…

Javier Ayuso Manuel Cerdán 20/02/201906:50 El fiscal anticorrupción Miguel Serrano prohibió al ex comisario José Villarejomencionar...

Otros articulos relacionados.....