Juan Carlos González Santín leva ao Parlamento as queixas do ente fiscalizador polas limitacións e falla de información do Goberno galego

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 15. O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, sinalou hoxe a contradición do PP ao ter modificado o Consello de Contas, dotándoo de novas competencias, para “logo non aceptar o que recomenda”. Así dixo no debate dos informes de fiscalización das contas correspondentes aos plans de traballo de 2014 e 2015, hoxe no Parlamento, no que o PP rexeitou 10 das 11 propostas de resolución presentadas polos socialistas galegos.

O responsable socialista levou á Cámara as queixas do ente fiscalizador ante a falla de información por parte da Xunta, que provoca “limitacións” ao seu traballo. Así, o propio Consello de Contas protesta polas reiteradas eivas na información do goberno galego, que agocha a información sobre a antigüidade dos debedores de cobro, as desviacións de orzamento acumuladas ou sobre as previsións de ingresos”.

González Santín sinalou o “gran número de modificacións” orzamentarias, e que malia ás advertencias do Consello de Contas chegaron a aumentarse nun 27 por cento no último exercicio, co que “o orzamento aprobado pola Xunta e o finalmente aprobado non teñen nada que ver. O PP rexeitou sen embargo unha proposta de resolución do PSdeG para reducir estas modificacións.

Tamén reclamaron uns “orzamentos mais realistas” para que o goberno deixe de utilizar o Fondo de Continxencia “como un caixón de sastre para partidas que non foron orzamentadas axeitadamente”. Esta proposta foi rexeitada polo PP, que tamén rexeitou unha iniciativa socialista para corrixir a baixa execución orzamentaria –que en ocasións apenas acada o 60 por cento-, nomeadamente no tocante a transferencias e subvencións.

O PP impediu ademais aprobar unha proposta de resolución dirixida a cambiar a política de persoal do Sergas, logo de que o Consello de Contas alertara da precarización do emprego público, con 882 baixas de postos públicos e a contratación, a cambio, de 529 eventuais. Esta precarización, advertiu, “repercute de forma directa na xestión dun servizo público” fundamental como é a sanidade.

Tampouco aceptaron as iniciativas socialistas para eliminar o gasto desprazado de contas públicas, que volve aumentar neste exercicio, así como a posta en marcha dos Consellos de Saúde, esixidos pola Lei de Saúde, a maior independencia no Fegas e maior rigor na programación de cursos, así como asumir as observacións do Tribunal de Cuentas para revisar o carácter das fundacións públicas sen capacidade de captar recursos externos.

O PP tan só aceptou unha proposta socialista para que a Xunta de Galicia, “de a cara ao novo período de programación dos Fondos Europeos 2014-20, deberá seguirse coa mellora da transparencia e do acceso á información por parte dos cidadáns ou de calquera entidade ou organismo xestor, ou beneficiario dos distintos fondos”.

{jcomments on}

Planes de futuro: la maternidad, una etapa emocionante

Ser madre es el sueño de muchas mujeres, pero hay...

SERÁ OBLIGATORIO SABER CASTELLANO PARA SER PRESIDENTE DE LA COMUNIDAD

COMUNIDAD DE PROPIETARIOS DE MÁLAGA APRUEBA LA NECESIDAD DE SABER...

Un evento debe contar con una organización de primera

  Organizar un evento requiere pensar en cada uno de los...

¿Qué productos elegir para cada tipo de piel?

Para el cuidado de la salud, la belleza, el cuidado...

Análisis de la conducta de los presuntos expertos en analizar conductas

Perspectiva metapericial de informes y dictámenes policiales y privados Dr. (PhD)...

Alquilar un despacho en Zaragoza, una gran idea para empezar el año

Es una opción perfecta para mejorar la gestión de microempresas...

El invento que multiplicó el conocimiento

Los libros se convirtieron en la mejor forma de divulgación...

La nueva ayuda de Dropshipping, las redes sociales

Hoy día, dada la existencia de un negocio online tan...

La traducción, clave para una buena comprensión

La comprensión es lo que motiva a las personas a...

Otros articulos relacionados.....