josemanuellopezvarelachuchipandasXoán M. Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, presenta para a súa contestación no vindeiro Pleno Ordinario da Corporación as seguintes PREGUNTAS:

É coñecida a existencia dunha denuncia da Fiscalía provincial da Coruña presentada hai aproximadamente un ano no xulgado nº 3 de Carballo, por unha obra contratada e pagada por este concello (e subvencionada pola deputación), e que presuntamente podería non terse realizado na súa totalidade.

Pois ben, resulta que no mes de marzo deste ano o concello da Laracha acordou iniciar un expediente de revisión de oficio deste contrato, lembremos dunha obra contratada, presuntamente realizada, e pagada hai 4 anos.

A lei 30/92, que regula os procedementos administrativos, establece a posibilidade de que as administracións poidan revisar de oficio os seus propios actos administrativos cando concorra algunha causa de nulidade de pleno dereito, sen que exista un prazo máximo para facelo. Estas son as posíbeis causas de nulidade de pleno dereito que recolle a devandita lei:

-        Actos que lesionen dereitos e liberdades susceptíbeis de amparo constitucional.

-        Actos ditados por órgano manifestamente incompetente por razón da materia ou territorio.

-        Actos de contido imposíbel.

-        Actos expresos ou presuntos, contrarios ao ordenamento xurídico, polos que se adquiren facultades ou dereitos cando se careza dos requisitos esenciais para a súa adquisición.

alcaldedelarachacongorroO 13 de marzo iniciou o concello o expediente de revisión de oficio, que posteriormente foi remitido ao Consello Consultivo –pois é obrigado o ditame deste organismo- o 15 de maio. O 3 de xuño emite o seu ditame o Consello Consultivo, acordando a devolución do expediente por falta de tramitación procedemental exixible e por defecto no acordo de inicio do procedemento de revisión.É sabido que o alcalde da Laracha ten un procedemento aberto no xulgado nº 3 de Carballo, desde setembro do ano pasado, por un presunto delito de “apropiación indebida”, por denuncia da Fiscalía. O caso é por unha obra contratada e pagada polo concello a unha empresa, obra que ademais foi subvencionada pola deputación, e que presuntamente podería non terse realizado. O alcalde da Laracha sempre defendeu que todo o proceso deste contrato se fixera correctamente, seguindo a tramitación legal, e que a obra estaba completamente executada.É sabido que o alcalde da Laracha ten un procedemento aberto no xulgado nº 3 de Carballo, desde setembro do ano pasado, por un presunto delito de “apropiación indebida”, por denuncia da Fiscalía. O caso é por unha obra contratada e pagada polo concello a unha empresa, obra que ademais foi subvencionada pola deputación, e que presuntamente podería non terse realizado. O alcalde da Laracha sempre defendeu que todo o proceso deste contrato se fixera correctamente, seguindo a tramitación legal, e que a obra estaba completamente executada.

É por iso que desde o Grupo Municipal do BNG formulamos as seguintes PREGUNTAS:

Por qué motivo se iniciou esta revisión de oficio por parte do concello da Laracha 4 anos despois, cando desde o goberno municipal sempre defenderon que se seguira toda a tramitación legal e a obra estaba completamente executada? Qué acto ou actos administrativos concretos deste expediente de contratación considerou o goberno municipal que podían incorrer en causa de nulidade de pleno dereito? Iniciou ou ten previsto iniciar o goberno municipal un novo expediente de revisión de oficio, xa que entendemos que este está caducado?

                                          

A Laracha, a 17 de setembro de 2015

Asdo.: Xoán M. Sande Muñiz,

Portavoz do Grupo Municipal do BNG da Laracha{jcomments on}

Planes de futuro: la maternidad, una etapa emocionante

Ser madre es el sueño de muchas mujeres, pero hay...

SERÁ OBLIGATORIO SABER CASTELLANO PARA SER PRESIDENTE DE LA COMUNIDAD

COMUNIDAD DE PROPIETARIOS DE MÁLAGA APRUEBA LA NECESIDAD DE SABER...

Un evento debe contar con una organización de primera

  Organizar un evento requiere pensar en cada uno de los...

¿Qué productos elegir para cada tipo de piel?

Para el cuidado de la salud, la belleza, el cuidado...

Análisis de la conducta de los presuntos expertos en analizar conductas

Perspectiva metapericial de informes y dictámenes policiales y privados Dr. (PhD)...

Alquilar un despacho en Zaragoza, una gran idea para empezar el año

Es una opción perfecta para mejorar la gestión de microempresas...

El invento que multiplicó el conocimiento

Los libros se convirtieron en la mejor forma de divulgación...

La nueva ayuda de Dropshipping, las redes sociales

Hoy día, dada la existencia de un negocio online tan...

La traducción, clave para una buena comprensión

La comprensión es lo que motiva a las personas a...

Otros articulos relacionados.....