Xosé Sánchez Bugallo leva ao Parlamento a denuncia dos empresarios de transporte diante das supostas irregularidades para adxudicar o servizo a Ambuibérica, representada por un ex alcalde e ex deputado do PP

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 15. O deputado socialista Xosé Sánchez Bugallo esixiulle hoxe á conselleira de Sanidade que explique o presunto “amaño” do último concurso para a prestación do transporte sanitario urxente terrestre. Os socialistas preguntaron na sesión de control do Pleno do Parlamento pola denuncia trasladada por un grupo de empresarios do transporte diante das supostas irregularidades detectadas no proceso.

O responsable socialista preguntoulle á conselleira pola posible existencia de “información privilexiada”, como advirten os empresarios, para resolver un concurso de 121 millóns de euros por catro anos, prorrogables ata 6, ascendendo ata os 197 millóns de euros, a varias empresas encabezadas por Ambuibérica SL, representada polo ex alcalde de Mayorga –Valladolid- e ex deputado do PP Carlos Magdaleno.

Segundo os datos que figuran no Rexistro Mercantil, explicou o deputado socialista, esta empresa rexistrou un incremento na súa facturación en mais dun 50 por cento entre 2012 e 2013, “dándose a circunstancia de que mais do 96 por cento desta facturación produciuse en ámbitos baixo o goberno do PP”.

Sánchez Bugallo alerta das sospeitas que provoca un concurso que foi publicado no DOG do 26 de novembro cun prazo de 15 días naturais –reducidos a 11 por coincidir con dous domingos e dous festivos- cando o procedemento ordinario é de 26 días hábiles, e o habitual nestes procedementos aumenta a 45. Esta celeridade non se compadece, engadiu, con que a Consellería non resolvera o concurso ata o mes de agosto.

O deputado socialista sinala ademais que o equipo xurídico dos empresarios posúe documentación que aparentemente acredita que unha empresa de carrozaxe de ambulancias dispuña dos requisitos técnicos esixidos no prego de condicións mais de cinco semanas antes da convocatoria. O concurso establecía tamén como requisito sorprendente e novidoso que o beneficiario tivera as ambulancias totalmente equipadas no momento da adxudicación.

Amosou tamén un informe dun detective privado, facilitado por estes, con fotografías das ambulancias dunha das empresas beneficiarias, aparentemente matriculadas o 3 de decembro de 2014, e perfectamente carrozadas e preparadas o 27 de xaneiro de 2015.

Preguntou si “considera razoable que alguén compre as ambulancias e as equipe completamente 7 meses antes de saber si vai ser adxudicatario”, xa que o concurso foi resolto en agosto.

Xosé Sánchez Bugallo advertiu que “todo isto agrava e agranda as sospeitas manifestadas polos empresarios, entendemos que require unha explicación urxente por parte da conselleira e unha investigación que estableza o que realmente sucedeu neste concurso”.{jcomments on}

Planes de futuro: la maternidad, una etapa emocionante

Ser madre es el sueño de muchas mujeres, pero hay...

SERÁ OBLIGATORIO SABER CASTELLANO PARA SER PRESIDENTE DE LA COMUNIDAD

COMUNIDAD DE PROPIETARIOS DE MÁLAGA APRUEBA LA NECESIDAD DE SABER...

Un evento debe contar con una organización de primera

  Organizar un evento requiere pensar en cada uno de los...

¿Qué productos elegir para cada tipo de piel?

Para el cuidado de la salud, la belleza, el cuidado...

Análisis de la conducta de los presuntos expertos en analizar conductas

Perspectiva metapericial de informes y dictámenes policiales y privados Dr. (PhD)...

Alquilar un despacho en Zaragoza, una gran idea para empezar el año

Es una opción perfecta para mejorar la gestión de microempresas...

El invento que multiplicó el conocimiento

Los libros se convirtieron en la mejor forma de divulgación...

La nueva ayuda de Dropshipping, las redes sociales

Hoy día, dada la existencia de un negocio online tan...

La traducción, clave para una buena comprensión

La comprensión es lo que motiva a las personas a...

Otros articulos relacionados.....