Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

As/os traballadoras/es de Editorial La Capital retoman as protestas contra os impagos e a falta dun plan de viabilidade

Este luns houbo concentracións en El Ideal Gallego e Diario de Ferrol e mañá está convocada unha protesta no Diario de Arousa
Atrasos no cobro das nóminas, débedas salariais, ausencia dun plan de viabilidade e incerteza sobre o futuro dos empregos levaron as traballadoras e os traballadores de Editorial La Capital a retomar as mobilizacións diante dos distintos xornais cos que conta o grupo empresarial.

Este luns foi o persoal de El Ideal Gallego, DxT Campeón e Diario de Ferrol quen realizou concentracións ás portas da sede do grupo empresarial no Polígono de Pocomaco (A Coruña) e na rúa Galiano, onde están as oficinas da cabeira ferrolá. As protestas seguirán mañá cunha concentración dos/as traballadores/as de Diario de Arousa (en Vilagarcía).

Nestes momentos, a empresa debe ao seu persoal as nóminas de abril e maio e, segundo anunciou a dirección, non será até o 22 de xuño cando perciban o 50% da mensualidade de abril. Ademais, Editorial La Capital aínda ten pendente de abonar a paga extraordinaria de decembro de 2013, cuxo prazo máximo de ingreso se acordara -en acto de conciliación no SMAC- para finais de xuño de 2015.

De igual xeito, os/as traballadores/as seguen a demandar un plan de viabilidade que permita garantir o mantemento de todos os xornais e dos postos de traballo en condicións dignas. Neste senso, denuncian que até o momento a dirección só formulou como alternativa recortes na masa salarial das traballadoras e traballadores que fan posíbeis día a día que El Ideal Gallego, DxT Campeón, Diario de Ferrol e Diario de Arousa estean nos quioscos.

Así as cousas, de non producirse un xiro radical, cara a finais de mes, coincidindo co remate do ERE temporal vixente (que afecta ao persoal dende o 1 de xaneiro de 2013 e que supuxo unha redución dos salarios do 30%), non se descarta intensificar as mobilizacións.

Reportaje; Las raíces de la corrupción Política del PP en ...

pladesemapesga.com/index.php?name=News&file=article&sid...
15 ene. 2015 - Pilar de Lara deja al descubierto lo que denuncia Pladesemapesga sobre corrupción informativa con dinero público inducida por Feijóo desde ...

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..