Juan Carlos González Santín critica a precarización da sanidade pública e a redución de investimento en I+D, educación ou protección social

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 15. O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, sinalou que o goberno galego ten superado os 9.000 millóns de euros de débeda en 2014, un 121 por cento mais que cando Feijóo chegou ao goberno. Así o confirma o informe de fiscalización do Consello de Contas do ano 2014, que foi presentado hoxe en Comisión parlamentaria.

O responsable socialista alertou de que a débeda pública do goberno galego suporá para este ano o 16,3 por cento do PIB, moi preto do límite máximo permitido polo Ministerio de Facenda, do 16,4 por cento. Esta dramática situación financeira coincide cun aumento dun 11,82 por cento nos salarios de persoal eventual, que supoñen 12 millóns de euros anuais e xa duplican a tódolos altos cargos do goberno galego.

Mentres, o goberno galego continúa precarizando ao persoal de sanidade, eliminando 882 funcionarios mentres aumenta o persoal interino e eventual. Ao mesmo tempo deixa sen executar 550 millóns de euros dos investimentos previstos, retirándolle ás empresas 242 dos 423 millóns de gastos previstos, outros 58 ás ONGs e 56 ás corporacións locais.

González Santín sinalou ademais a crítica do Consello de Contas contra o elevado recurso ás modificacións orzamentarias por parte do goberno galego, que pasou de alterar 950 millóns en 2013 ata 1.211 en 2014, un 27 por cento mais e que supoñen o 12 por cento do orzamento. Ademais, estas alteracións, dixo, continúan prexudicando a partidas como I+D, educación ou protección social, xa castigadas pola precariedade imposta por Feijóo.

Axustes

O responsable socialista considerou “incomprensible” que o goberno galego continúe sen atender ás recomendacións do Consello de Contas e manteña a 34 entidades cunha fiscalidade opaca, sen render contas diante do ente fiscalizador, e continúan sen incorporar ás fundacións de investigación dos centros hospitalarios do Sergas.

Advertiu ademais do baixo nivel de execución dos fondos procedentes da UE, que pon en perigo a súa continuidade, unido a unha palmaria “falla de control dos fondos por parte da Xunta”.

Sinalou finalmente que os concellos mais endebedados de Galicia, sinalados polo Consello de Contas, son na súa maioría xestionados polo PP, como é o caso de A Coruña, a única de mais de 50.000 habitantes que aumentou o endebedamento, así como Lalín, Cangas ou Ribeira entre os do tramo de 20 a 50.000 habitantes, ou A Illa e Moaña, entre 10 e 20.000.

¿Dónde se pueden estudiar las lenguas cooficiales de España en Andalucía?

:CON MOTIVO DE LAS PRÓXIMAS ELECCIONES GENERALES ASÍ COMO AL...

Robert Boyd, un irlandés en busca de la libertad en España. Por Francisco Javier Salmerón Giménez

Después de defender Cartagena y Alicante del cerco realizado por...

Telefónica del Perú y Ley N° 29733 - Ley de Protección de Datos Personales por declaraciones de Luis Vargas

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

Relaciones España-Irlanda Aula María Zambrano de Estudios Transatlánticos de la Universidad de Málaga

El Aula María Zambrano de Estudios Transatlánticos de la Universidad...

Ventajas de escoger imágenes gratis sin derechos

En la gran mayoría de proyectos, ya sea para diseñar...

Lo que necesitas saber sobre el turismo deportivo

¿Quieres unas vacaciones diferentes este año? El turismo deportivo es...

Aumenta el número de jugadores online

Hace unos años, nos parecía que el mundo del deporte...

Otros articulos relacionados.....