Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A nova lei obstaculiza a renovación do Director Xeral e facilitará a continuidade da actual política de privatización da produción propia e a manipulación dos informativos

Bando-San Marcos Santiago de Compostela, a 16 de decembro de 2015.

                                                                                 

            O Comité Inter-centros da Compañía de Radio-Televisión de Galicia condena a reforma da lei 9/2011, de 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia que o PPdeG introduciu na lei de Acompañamento á lei de Orzamentos que o Parlamento aprobará o vindeiro día 22.

            Desde o Comité rexeitan a disposición derradeira cuarta da lei de Acompañamento que modifica a lei de medios públicos galega, que establecía unha interinaxe do Consello de Administración e do Director Xeral ata “o nomeamento dos órganos de dirección da Corporación RTVG”. O novo texto establece agora que tanto o Consello como o máximo responsable da Compañía quedarán en funcións ata que “se inicie pola Corporación RTVG a súa prestación do servizo público” e, de xeito transitorio o Director Xeral, ata que o Parlamento escolla un novo candidato ou candidata por maioría cualificada. Ao entender dos sindicatos, esta modificación normativa é un xeito de vulnerar o principio democrático que motivou o modelo de elección do Director Xeral na lei 9/2011 a través dunha maioría cualificada de dous terzos en primeira votación e tres quintos nunha segunda, é dicir, a través de pactos previos que obriguen a un consenso entre distintas forzas políticas.

            Os sindicatos denuncian que esta reforma podería provocar unha situación de permanente bloqueo na elección democrática do Director Xeral da nova Corporación -mesmo no hipotético caso de que, tralas eleccións autonómicas, mude a composición parlamentaria en Galicia e o goberno da Xunta- permitindo a continuidade dunha xestión que, para o Comité, é privatizadora, cunha programación de dubidosa calidade e acompañada de numerosas mostras de manipulación informativa na prestación do servizo público.

            Para a representación sindical na CRTVG, esta medida está perfectamente calculada e trátase dun obstáculo máis contra a pluralidade do medio público, que se vén sumar a outras actuacións adoptadas nas últimas semanas tamén contrarias ao espírito democrático que debe rexer no ente, como o pacto entre o PPdeG e o PSdeG para a renovación do Consello de Administración deixando sen representación ás restantes forzas parlamentarias ou a aprobación do Mandato Marco da futura Corporación RTVG cos únicos votos do Partido Popular.{jcomments on}

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..