Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A CIG-Administración denuncia que xa se concederan, con anterioridade, máis de medio millón de euros en forma de convenios de colaboración
No DOG do 12/09/2013 publicábanse os convenios de colaboración da Secretaría Xeral de Medios con diferentes editoriais de xornais galegos. No DOG do 29/11/2013 esta secretaría xeral publica as subvencións concedidas ás empresas xornalísticas e de radiodifusión. Estas resolucións veñen publicándose cada ano e supoñen un desembolso total de máis de dous millóns de euros, nun momento no que se apela á austeridade para xustificar recortes nos salarios de empregadas e empregados públicos, e en servizos públicos esenciais como Sanidade ou Ensino.

 

 O sector da Autonómica da CIG-Administración denuncia que ademais deste departamento, as diferentes consellarías asinan convenios anuais cos principais medios galegos que “consisten en pagar centos de miles de euros a cambio de que estes lles publiquen o que lle mandan (Industria, Presidencia, Medio Rural…). Iso sen deixar de lado o gasto da Xunta coas campañas de publicidade institucional millonarias de dubidosa utilidade como a que anima o espírito emprendedor ou o espírito reproductivo”.
A isto engaden que estas axudas “resultan moi polémicas pois fan virar o temón do que se publica ou deixa de publicar en función dos intereses da Administración que subvenciona, convenia ou contrata”. Aseguran ademais que “non se entende a utilidade pública de tales gastos e menos nunha época de austeridade, na que o Goberno galego di ter como prioridade o mantemento dos “servizos públicos esenciais”, privatizando e recortando no resto que non lle resulta ‘esencial’”.
La Voz de Galicia, a eterna afortunada
Entre todas as empresas agraciadas destaca “La Voz de Galicia” que se leva máis dun terzo do total da partida orzamentaria da subvención (583.974,81€). Tamén leva case un terzo do orzamentado para os convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral de Medios (149.392,80€). Segundo isto, en total, durante o tempo que leva Feijóo no Goberno “estimamos que esta empresa leva recibido da Xunta máis de 45 millóns de euros entre diferentes conceptos (subvencións, convenios e contratos)”, sinalan.
Ante isto pregúntanse “cal sería a situación desta empresa, tendo en conta as dificultades económicas polas que atravesa, se non tivera recibido tal cantidade de diñeiro” e advirten que, “en calquera caso, recentemente se ten demostrado que o ollo da Xunta para rescatar empresas en problemas non é de todo clínico”.
Porén, subliñan, “as empresas privadas de comunicación non son empresas calquera, de aí que a Secretaría Xeral de Medios dependa directamente da Presidencia da Xunta”. Por iso denuncian o uso “perverso” que se fai deste departamento e a “inxerencia política do Goberno da Xunta” nos medios “utilizando os cartos da cidadanía galega que detrae da prestación dos servizos públicos”. E engaden que resulta “moi difícil” de explicar, por exemplo, por que “non hai diñeiro para manter a gratuidade da prestación farmacéutica hospitalaria e obrigar a repagar á cidadanía pola quimioterapia pero si sigue habendo cartos para comprar editoriais e censurar notas de prensa”.
Esixen, xa que logo, que nese compromiso de "transparecia" ao que se aludiu Feijóo recentemente respecto á "publicidade institucional" se atope tamén a “racionalización e austeridade deste gasto realmente racionalizable e austerizable”. E xunto a isto consideran que tamén sería un bo momento para abordar a discusión política da "publicidade institucional en negro" que supoñen as subvencións e os convenios de colaboración cos medios dos diferentes departamentos da Xunta

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..