Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

María Quintas censura a continuidade do director xeral para perpetuar “os instrumentos de propaganda do PP pagados con fondos públicos”

O Mandato Marco presentado foi rexeitado por non acadar hoxe a maioría cualificada da Cámara

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 15. A portavoz do Grupo Socialista na Comisión da CRTVG, María Quintas, denunciou hoxe que o Mandato Marco da CRTVG, rexeitado desta volta por non acadar a maioría cualificada, supón un intento do PP por “blindar o control político do PP durante 9 anos”. Quintas criticou que o PP teña modificado a Lei de Medios de Comunicación a través da Lei de Acompañamento dos Orzamentos para perpetuar ao actual director xeral no cargo.

Quintas sinala que os nove anos de vixencia do Mandato Marco resulta “excesivamente longo” para “deixar cabos soltos”, como cualificou ás “prerrogativas que se reserva o PP para seguir impoñendo a súa vontade na radio e televisión galegas”. Advertiu que “de non corrixir agora este rumbo, a Radio Galega e a TVG seguirán sendo por moito tempo instrumentos de propaganda do PP pagadas con fondos públicos”.

A responsable socialista censurou a modificación da Lei de Medios Públicos de Comunicación Audiovisual a través da Lei de Acompañamento aos orzamentos para garantir a permanencia do actual director xeral da CRTVG. O PP quere, dixo, retirar o requisito legal polo que o Mandato Marco supuña o cese do alto cargo e a elección dun novo por maioría cualificada do Parlamento.

Criticou que o goberno galego “ignora os preceptos da Lei alá onde pode e modifícaa pola porta de atrás alá onde lle convén” e está a incumprir de xeito flagrante unha norma en vigor dende o ano 2011 e que permitiría facer do ente “un garante da pluralidade informativa, da sostenibilidade da Compañía e da defensa e promoción da cultura galega”.

Propostas

Os socialistas galegos presentaron un voto particular que en realidade supón unha emenda de substitución ao texto presentado polo PP, logo de ter sido retiradas as 50 emendas presentadas por este Grupo Parlamentario. Quintas presenta así a renovación do director xeral e do equipo directivo como requisito para a aprobación do Mandato Marco, ademais de garantir o financiamento, a produción propia e a pluralidade informativa.

Os socialistas galegos trasladaron tres requisitos para o novo texto, como son a concreción da aportación financeira da Xunta para o próximo trienio, elevar a porcentaxe de produción propia “que rendibilice realmente os recursos humanos e técnicos. Inclúe a creación dun Consello de Redacción que garanta a pluralidade informativa, ademais de especificar a estrutura e dimensión da CRTVG “a fin de planificar o futuro e preservar o seu carácter público”.

Alertou da redución drástica da previsión legal de produción propia, que pasa do 60 por cento do primeiro borrador ao 50 por cento desta nova proposta, o que “demostra a manipulación constante do PP” e a súa folla de ruta de cara á redución de plantilla e aumento da produción externa e polo tanto da privatización.

Sinalou que esta decisión evidencia a “pésima xestión que realizan dos recursos económicos, técnicos e humanos da CRTVG e abre a porta a uns medios mais privados que públicos”. Os socialistas galegos reclamaron aumentar a produción propia ata o 70 por cento.

Criticou que o PP “intenta evitar a aplicación da Lei e postergala sine die” no tocante á creación dun Estatuto Profesional da Corporación, que garanta a calidade, profesionalidade e independencia dos contidos informativos. Tampouco contempla a creación dun Consello de Informativos, concibido como “órgano interno de participación dos profesionais da información que vele pola independencia, veracidade e obxectividade dos contidos informativos”.A Presunta corrupción inducida por Feijóo se instalou na CRTVG en forma de Panfleto do PP que pagaremos todos os galegos/as

Feijóo converteu a CRTVG nun panfleto do PPdeG que produce perdidas millonarias e un PUFO de 7 millóns a Seguridade Social que pagaremos os galegos

OS SOCIALISTAS DENUNCIAN A “TRAMPA LEGAL” DO PP PARA HABILITAR A CONTINUIDADE DO DIRECTOR DA CRTVG SEN CONSENSO

A DIRECCIÓN DA CRTVG COLOCADA POR FEIJÖO (PP) INMERSOS NUNHA PRESUNTA FRAUDE Á SEGURIDADE SOCIAL DE ENTRE 4 E 15 MILLÓNS DE EUROS

ARODILLO PARLAMENTARIO DO PP PARA IMPOÑER O MANDATO MARCO DA CRTVG E MANTER O CONTROL POLÍTICO DOS MEDIOS PÚBLICOS E DOS PRIVADOS HUNTADOS CON SUBVENCIONS A DEDO

CRTVG se hizo cargo en sus cuentas de 248.000 EUROS que fueron entregados a un programa contratado por el mismo ente autonómico y DIRIGIDO POE EL PRESIDENTE DEL TRIBUNAL DE LAS OPOSICIONES

BESTEIRO ESIXE A FEIJÓO “QUE SE POÑA AS PILAS PARA DESENVOLVER A LEI DE 2011” QUE CONTEMPLA A RENOVACIÓN DO CONSELLO E OS ÓRGANOS DE CONTROL DA CRTVG

O COMITÉ INTERCENTROS DA CRTVG DEMANDA PLURALIDADE NOS MEDIOS PÚBLICOS GALEGOS

A CUT denuncia unha fraude da CRTVG á Seguridade Social que estima por riba dos 4 millóns de euros{jcomments on}

 

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..