Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Méndez Romeu advirte da dificultade de xustificar o “alto custe por espectador” mentres acusa á dirección de marxinar a oferta cultural en favor da “oferta costumbrista que non se corresponde co perfil da cidadanía galega”

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 15. O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, alertou hoxe que a perda de audiencia da TVG nos últimos anos provoca un aumento do custe por espectador que “debulla unha liña que remata coa desaparición da Compañía”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de control da CRTVG do Parlamento, na que censurou o desbotamento de posibles audiencias interesadas na oferta cultural.

Méndez Romeu criticou que a dirección do ente marxine a programación específica dedicada á cultura e á súa audiencia en favor dunha “oferta costumbrista que non se corresponde co perfil da cidadanía galega”. En opinión do responsable socialista, a TVG está a centrar a súa oferta nun espectador máis semellante ao electorado do partido político dominante renunciando a outras potenciais audiencias.

Advertiu que a cultura, as artes plásticas e escénicas, a ciencia e a tecnoloxía, hoxe obxecto de canais monográficos de recoñecido éxito de audiencia, son esquecidos da oferta da canle audiovisual pública de Galicia. Sinalou que na propia grella do ente para esta semana existe apenas un programa de cociña, un concurso de coñecementos culturais, un microespazo de un minuto diario sobre libros e música tan só na madrugada.

Preguntou polo límite entre o elevado custe da canle e a baixa de espectadores, que provocan unha canle “progresivamente máis cara, máis restritiva e con menos audiencia”, que ademais se vería satisfeita cunha programación dun custe relativamente baixo en comparación con outra oferta de ocio ou entretemento.

Lembrou que a oferta da programación da TVG hoxe “non se corresponde co perfil dos cidadáns” de Galicia, maioritariamente urbanos, co 70 por cento da poboación residindo en áreas urbanas ou conurbacións urbanas, e que demandan un ocio e un consumo netamente urbano. Apuntou que atender a esta audiencia permitiría tamén incrementar os ingresos publicitarios con novos anunciantes.{jcomments on}

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamañoCreado
Descargar este archivo (090042033-poc-obxectivos programación cultura e educativa RTVG.pdf)090042033-poc-obxectivos programación cultura e educativa RTVG.pdf 116 kB2015-10-29 13:00

Las tiendas de chinos ofrecen los mejores productos a buen precio

19-07-2018 Votos:44 Comunicados Xornal de Galicia

Las tiendas de chinos están de moda en España porque... .+

Las ventajas del hormigón a la hora de decorar los suelo

19-07-2018 Votos:33 Comunicados Xornal de Galicia

El hormigón es un material ampliamente utilizado en la construcción... .+

Business over Tapas July 19 2018 Nº 265

19-07-2018 Votos:55 Mundo Celta por José Antonio Sierra Xornal de Galicia

Editorial: It must be hard being Royalty in Spain. A... .+

Music of the Loom

19-07-2018 Votos:38 Mundo Celta por José Antonio Sierra Xornal de Galicia

Weaving has a long connection to music, particularly in Ireland... .+

Qué es el SEO y por qué es importante para una empresa

18-07-2018 Votos:51 Comunicados Xornal de Galicia

Para nadie es un secreto que el crecimiento empresarial ahora... .+

6 beneficios del masaje que te interesa conocer

18-07-2018 Votos:43 Comunicados Xornal de Galicia

Además de ser una experiencia muy placentera, el masaje tiene... .+

Conoce todo lo que debes saber sobre las mejores tarotistas y videntes sin gabinete

18-07-2018 Votos:45 Comunicados Xornal de Galicia

En alguna etapa de nuestras vidas, probablemente en las de... .+

Anuncios pagados a Google ADWORDS por instituciones públicas deben ser fiscalizados según APEDANICA

12-07-2018 Votos:110 Jurídico Xornal de Galicia

Dr. (PhD) Miguel Gallardo Tel.  902998352 Fax: 902998379 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación... .+

Qué tipos de inversores pueden utilizar las plataformas de Forex

12-07-2018 Votos:261 Comunicados Xornal de Galicia

Hacer el trading en línea puede ser muy beneficioso. Es... .+

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi