Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 

FOTO3 nigranO evento musical, que uniu a sublime localización e vistas do miradoiro de Monteferro á tardiña este venres 21 e sábado 22 coa música dalgúns dos mellores grupos locais, reuniu a máis de 2000 persoas nos dous días. Neste enclave único, un público de tódalas idades desfrutou dende ás 20.00 horas e de xeito gratuíto dos concertos de Blue Monk, Bliusvai, Dous, Moon Cresta e San Rockers, todos eles con fondas raíces en Nigrán.

Se no primeiro día se reuniron máis de medio millar de persoas, no segundo a cifra duplicouse ampliamente, todo elo sen que a presenza de xente nesta contorna supusese o máis mínimo desperfecto ou dano medioambiental e perfectamente organizado o aparcamento na zona. “É un evento medioambientalmente sostible, que respeta o entorno e o pon en valor. Cumpríronse as mellores expectativas, a resposta foi marabillosa, a xente estaba feliz de poder desfrutar desta contorna, do solpor e da música, polo que temos claro que este festival se manterá no noso calendario para ser, como o Nigranjazz, unha referencia máis do municipio que proxecta ao exterior a nosa mellor cara”, reflexiona o alcalde, Juan González.

 

O goberno de Nigrán quere con ‘Solpor’ promocionar un espazo tan espectacular como Monteferro de xeito responsable e ao tempo que ofrece aos grupos locais unha oportunidade de amosar o seu traballo no mellor dos escenarios posibles. "Definitivamente, os 'Solpores' veñen para quedarse no noso calendario estival. En cada edición desfilarán grupos distintos da nosa localidade porque é o noso deber apoialos e porque somos coñecedores da súa valía", afirma Juan González, alcalde de Nigrán. “O ‘Solpor’ de Monteferro, o ‘Nigranjazz’ deste venres 28 e sábado 29 no esteiro de A Foz do Miñor e o ‘Vive Nigrán’ o 26 e 27 de agosto en Praia América forman un trío de festivais de música de auténtico luxo que nos fai sentírmonos orgullosos do noso municipio”, engade.

 

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..