04 Comedor escolar

Varios centros non poden pagar aos provedores desde hai tres meses  
A CIG Ensino denuncia publicamente que a Consellaría de Educación aínda non pagou as cantidades asignadas aos gastos dos comedores escolares a todos os centros de ensino. O departamento autonómico leva sen pagar os meses de abril, maio e xuño cando estes pagos se viñan realizando con periodicidade mensual.
Trátase dunha situación inaceptábel e inxustificábel que está provocando que moitos centros se atopen con graves dificultades para poder pagar os seus provedores. Á maioría dos centros debéselles entre 10.000 e 20.000 euros, e nalgúns casos máis de 30.000 euros.
Nesta situación, os centros vense moi prexudicados na súa contabilidade e na súa imaxe. Algúns centros, buscan a maneira de pagar estas débedas, mais isto pode dar lugar a desfases orzamentarios á hora de pechar as súas contas no fin de curso.
A CIG-Ensino considera que é "vergonzoso e inaceptábel" que se produza esta situación. Os gastos para comedores escolares xa estaban asignadas nos Orzamentos da Xunta de Galicia aprobados para este ano 2011 e, polo tanto, teñen que estar dispoñíbeis en todo momento por parte da Consellaría desde o 1 de xaneiro. Estamos ante unha actuación absolutamente irresponsábel pois moitos provedores non poden agardar a que os centros de ensino lles paguen con tantos meses de atraso, especialmente na actual situación económica. "Mentres a Xunta de Galiza fártase de presumir ante os medios de comunicación de que reduciu o tempo de pago aos provedores autoacualificándose como líderes no Estado, o que, como tantas outras veces, comprobamos que non se axusta á realidade, pois neste caso concreto Educación está impedindo que os provedores dos centros escolares cobren as súas facturas, no tempo habitual até o de agora", sosteñen.
O sindicato nacionalista acusa á Consellaría de estar continuamente deteriorando a imaxe do ensino público e o seu normal funcionamento, neste caso, recortando ano tras ano as cantidades para comedores escolares e atrasando sen xustificación o pago desas cantidades poñendo en apuros os centros de ensino de todo o país. Por iso, desde a CIG-Ensino esixímoslle o pago inmediato aos centros de ensino das cantidades que adebeda por concepto de comedores escolares, para que á súa vez poidan liquidar as débedas cos provedores.
Rosa Quintana vende a acuicultura os bens dos galegos regalando máis de 12 millóns de euros que deixaran no paro a maior parte dos mariñeiros do litoral
Para chiringuitos de fondos públicos a conselleira do Mar, Rosa Quintana, clausurou a exposición La acuicultura de España en imágenes no Museo do Mar de Vigo, todo un evento onde se vanagloriou da nefasta xestión ao fronte do Mar ? Con todo o sector en fronte da xestión da actual Conselleira do Mar, Rosa Quíntana, tacha por algúns sectores como a conselleira mais miserable na historia de Galicia, segue a vender as xentes e as terras de Galicia as empresas e multinacionais
Jaulas Salmoneras en Muros y Noia, iguales a las de Chile. la mala experiencia de las jaulas de salmones, ¿que Rosa Quintana, no nos cuente "Milongas"?.
Chile. la mala experiencia de las jaulas de salmones, ¿que Rosa Quintana, no nos cuente "Milongas"?. Mar interior de Chiloé: ¿Un Mar Muerto?. En Febrero de este año, el World Resources Institute (WRI) publicó un "Mapa Interactivo" mundial donde identificó 762 áreas costeras afectadas por eutrofización y/o hipoxia, es decir, sitios donde el ambiente acuático presentaba exceso de nutrientes y/o ausencia de oxígeno para permitir existencia de vida
A Consellería do Mar está "paralizada", "desbordada" e demostra ser "incapaz de asumir o seu papel". Marisol Soneira, preguntou cal foi o criterio para a implantación das empresas acuícolas, "as presións de persoas manipuladas en moitos casos polo PP, os valores medioambientais ou o capricho político"......
A Xunta do PP pretende enmascarar coa acuicultura o maior proceso especulador da costa galega. Soneira advirte que a normativa da Xunta permite entregar a titularidade dos terreos aos particulares interesados. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, acusou hoxe á Xunta de ?enmascarar o maior proceso especulador da nosa costa? grazas á modificación do Plan Galego de Acuicultura. A parlamentaria socialista denunciou que a nova normativa permite entregar a titularidade dos terreos aos particulares interesados ?independentemente de que leven adiante a planta acuícola? Feijóo minte, manipula e tarxiversa a realidade no parlamento sobre a planta acuícola de Muros. Núñez Feijoo é a encarnación do cinismo político e da manipulación. Xa que asegurou no Parlamento que mañá o Consello da Xunta aprobaría a primeira planta acuícola dende o goberno de Manuel Fraga. Os socialistas argumentan que os únicos proxectos acuícolas aprobados por Feijoo son a de Insuiña (Pescanova) en Oia, cuio expediente herdou do Goberno anterior, é o freo e a marcha atrás de tódolos investimentos previstos, amais do anuncio da ocupación do noso patrimonio medioambiental, a desmoralización do sector e o abandono por parte dos emprendedores, e a entrega de fondos públicos aos empresarios foráneos en forma de axudas.. [+] »
-------------------------------------------------------------------------------- Unha bofetada á política acuícola de Feijóo e Rosa Quintana, á Sentenza da piscifactoría de Rinlo A piscifactoría de Rinlo en Ribadeo, que promovía a empresa Acuinor S.L. e propiedade do Popular Ramón Álvarez-Cascos..
Esta sentencia ?non fai mais que demostrar que o Plan Galego de Acuicultura defendido polo anterior Goberno do PSdeG-PSOE, e actualmente en vigor, era o mellor instrumento para defender a costa Galega, e ao mesmo tempo apostar pola acuicultura como motor de desenvolvemento en Galicia?... [+] »
Quilmas e Baroña: os despropósitos da acuicultura industrial do PPdeG O nefasto Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria aprobado polo PP in extremis no 2007, deita un regueiro de macropiscifatorías por todo o litoral galego, dos 23 parques iniciais, 13 afectaban a espazos protexidos ou merecentes de selo, comprometen a viabilidade ecolóxica de espazos senlleiros da Rede Natura galega. Causan impactos tanto na terra (alteración de hábitats protexidos, destrucción paisaxística e patrimonial...) como no mar (vertidos con elevada carga orgánica, antibióticos, produtos químicos, etc), en Quilmas e Baroña non se recolle ningunha instalación de depuración para o medio millón de m3 de augas contaminadas que deitan directamente ao medio cada ano. [+] »
-------------------------------------------------------------------------------- A acuicultura industrial non é a solución, é o problema....... Hai outros modelos de desenvolvemento, baseados no aproveitamento sustentábel dos recursos da costa máis respectousos co medio e máis xustos socialmente. Por iso o debate non é só onde, se en Touriñán, Camelle, Quilmas, Corrubedo, etc. senón como e sobre todo para que. O como está moi claro: estragando a costa e poñendo en perigo o medio de vida de moita xente. O para que, supoñémolo tamén: para engordar as contas de beneficios dunhas empresas que non teñen ningún respecto pola nosa terra nin pola nosa xente.... [+] »
-------------------------------------------------------------------------------- O PPdeG a través do Goberno Galego comenzou a quitarlle as terras aos veciños para regalarllos a Pescanova. A Xunta pretende dar axudas a Pescanova que presenta uns beneficios de 14 millóns até setembro. Rosa Quintana puxo a Consellería ao servizo das multinacionais da acuicultura. A Xunta de Galicia iniciou os trámites para a expropiación forzosa dos terreos necesarios para realizar a ampliación da piscifactoría de rodaballo que Insuiña S.L. ten na praia de Lago, en Xove (Lugo).... [+] »
Ver más en:
http://www.xornalgalicia.es/acuicultura/acuicultura.php

Los préstamos crecen y sus condiciones bajan.

Los préstamos online en verano tienen un incremento en su...

Cómo la tecnología influencia el sector de la moda

La tecnología ha facilitado muchas cosas para hacer la vida...

Primera demanda judicial contra Twitter Spain SL por suspender cuentas sin justificación ni revisión

Al Juzgado de 1ª Instancia de Madrid (DEMANDA) SOLICITANDO MEDIDAS CAUTELARES   Dr...

La AECC denuncia ante el Consejo de Europa a la Administración de Justicia Española

Madrid, 23 de agosto de 2018   La AECC denuncia ante el Consejo de...

Business over Tapas August 23 2018 Nº 270

Editorial: Democracy is a strange animal. People, sometimes hopelessly ill-informed...

Las redes sociales: Una excelente manera de hacer publicidad

Para nadie es un secreto que las redes sociales se...

Vestle supera su primer mes con éxito

El Grupo iFOREX lanzó el pasado mes de julio su...

Cómo prepararse para una crisis empresarial

Cuando se comienza una actividad empresarial el éxito nunca está...

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi